O pasado mércores día 18, Patricia Ordás, nai de Mía clase de 3º achegouse ao cole para contarnos un conto na hora de ler ao alumnado de ED. Infantil e 1º de ED. Primaria
O libro escollido foi "Tilo Cocodrilo"
Xa que o día o permitiu, en lugar de contarnos o conto na biblioteca fixémolo no anexo que inauguramos este curso grazas ao PLAN LIA 3, onde puxemos un chan cómodo e xeitoso para poder sentar e uns "toldos" para poder disfrutar nos recreos dos días de sol ( xa sexa xogando ou mirando un conto)
Patricia contou coa colaboración especial da súa filla Mía, e ambas contaron e cantaron esta historia marabillosa.
O pasado luns 5 de xuño, tivemos a terceira reunión do club de lectura para alumnado do 3º ciclo de ED. Primaria.
Desta vez o fío condutor da reunión foi o manga ou a banda deseñada, xa que entre os membros do club hai algún apaixonados destes xéneros.
Cada quen elixiu un libro para ler e explicarlle aos seus compañeiros e compañeiras, coa axuda dun Canva, de que ía a historia, quen eran os protagonistas, que foi o que máis lle gustara ou menos, por que o recomendarían…
Foi unha exposición moi interesante, na que algún nos deron moita información sobre o seu cómic, foi case como lelo en directo. Pero todas/os estiveron moi atentos e atentas ao que alí comentaban os seus compañeiros/as.
Ao rematar as exposicións individuais falamos un pouco sobre cal dos manga ou cómic, que presentaron elixirían para ler, que é o que lles gusta do manga ou dos cómics…
Para finalizar esta reunión, quedaba a esperada “merendola” na biblioteca, da que todos/as desfrutaron.
E así rematamos, quedando xa emprazados para a última reunión do club deste curso.
(Texto elaborado pola profe Asun, titora de 5º de ED. Primaria)
Chegan as vacacións, o momento de lecer por excelencia e dende o cole ( elaborado coas aportacións das titorías e máis do equipo de Biblioteca e do Clube de Lectura de familias e profesorado) aquí tedes as nosas recomendacións lectoras para o verán, se aínda non tedes claro que ler.
E lembrade que o importante é ler, e se é o que vos gusta mellor.
Boa lectura e bo verán.
Adxuntamos arquivo PDF das mesmas ( se premedes en cada un dos libros levaravos á ficha técnica do mesmo)
Este pasado luns día 12 o alumnado de 3º e 5º de ED. Primaria tivo a terceira sesión( desta volta online) do obradoiro de radio que desenvolveron con Iago Gordillo.
A primeira das sesións foi telemática, a segunda para poñer a andar os seus programas tivemos a sorte de ter a Iago no noso centro.
E posteriormente editou, "puliu" e preparou o resultado final dos mesmos, este luns día 12 de xeito telemático tamén, comentou co alumnado e titoras de 3º e 5º sobre o proceso, o resultado e escoitaron tamén os audios definitivos.
Foi unha experiencia interesantísima, na que o alumnado tivo que traballar en equipo, guionizar, preparar, seleccionar melodías, facer a escaleta... entrevistar...
María José, a nai de Pablo da clase de 5 anos contounos o conto "Monstruo Azul" de Olga de Dios, da coñecida saga dos monstruos: o rosa, o paxaro amarelo, o becho pelota e ra de 3 ollos.
Moitas grazas a María José por compartir con nós o seu tempo. Aquí vos queda a súa narración:
Lembrades a proposta que se fixo este curso no día da poesía para conmemorar o día do libro este curso??
Ao final decidimos presentalo o día das Letras Galegas, entre as actividades programadas para esa data.
Representantes de cada aula saíron a lelo ante todo o centro para ver como se ía desenvolvendo esta historia misteriosa que o alumnado de 1º de ED. Primaria deu en titular " MISTERIO NA BIBLIOTECA". ( premede no enlace para acceder á publicación)
Aquí vos queda o conto colaborativo, por se o queredes desfrutar, como fixemos nós escoitándoo dos seus autores e autoras.
Este venres estivo no noso centro Antía Yáñez e o alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de poder compartir con ela o seu tempo, falando de "Plan de rescate" e ademais de facerlle moitísimas preguntas sobre o libro e mais curiosidades sobre ela.
Este xoves día 4 comezamos coa formación sobre radio con Iago Gordillo ( gustouno tanto o curso pasado que este ano repetimos formador)
Desta volta a formación vai dirixida ao alumnado de 3º de ED. Primaria ( para establecer os primeiros pasos autonomamente na radio) e para o alumnado de 5ºde ED. Primaria (máis autónomo pero coa necesidade de ampliar a súa formación e coñecementos)
Como primeiro paso ambas clases fixeron unha videoconferencia con Iago , para que lles explicase conceptos básicos, testease os seus coñecementos e sobre todo coñecerse.
A próxima semana, o venres día 12, Iago virá ao noso cole para traballar con estas dúas clases e ver como foi a "tarefa" que lles deixou para ese día.
Aquí vos deixamos algunhas fotos do momento da videoconferencia: