Skip to Content

                              

Educación física + Saúde + Xogos + CFB

Aros

AROS

Para este xogo precisábase un aro (ou roucha) dun caldeiro vello, e dun pao que no fondo tivera un ferro con forma de gancho (ou raño).

O xogo consistía en ir empuxando o aro co gancho ou guiadeira sen que este caese.

Pódense facer carreiras, circuítos ou pillas entre eles.

Zancos

ZANCOS

En tempos íase ao monte a cortar dúas gallas de carballo, procurando que cara ao fondo hobese un bo gallo. Debaixo deste deixábase un anaco de pao, tanto máis grande canto máis alto se pretendera andar do chan.

Se non se encontraban ramas, servían dous paos dereitos, nos que se cravaban uns tacos anchos de madeira.

Exercicio e asma

EXERCICIO FÍSICO E ASMA

DEFINICIÓN DE ASMA

A asma é unha enfermidade respiratoria crónica na que se produce unha hiperrespuesta bronquial a unha ampla variedade de estímulos e unha inflamación das vías aéreas, coa conseguinte obstrución ao fluxo aéreo en grao variable e intermitente.

EFECTOS DO EXERCICIO SOBRE A ASMA

As vantaxes que achega o exercicio físico no paciente asmático son moitas:

A ra

A RA

O xogo da ra consta dunha mesa cunha ra, un muíño, dúas pontes, catro pozos, así como de cinco peios de ferro.

Baixo a mesa haberá unha gabeta dividida en tantos compartimentos coma furados, nos que existe unha puntuación correspondente a cada un.

Cada xogador lanzará cinco peios, sumándose a súa conta os tantos obtidos. Só son válidos os puntos cando o peio cae no compartimento correspondente da gabeta. A liña de lanzamento colocarase a tres metros de distancia do mesado.

A chave


A CHAVE


É sen dúbida o xogo galego máis estendido, popularizado e cun maior número de variantes e "asociacións-federacións".

O terreo de xogo será unha superficie dura rectangular, libre de obtáculos, con un desnivel non superior o 10%.

A distancia entre a base da chave e a liña de lanzamento será de 20 m, debendo situarse o xogador que lanza os pesos, detrás da liña sen pisala.

A Virolla

A VIROLLA
Este xogo consta de catro elementos que son:
A cega (un cadrado feito de madeira),
a virolla (un triángulo de madeira),
nove birlos e
unha bóla.

O primeiro en colocarse é a cega, a un paso desta, a virolla, a outro paso, os nove birlos (dependendo da zona teñen unha colocación ou outra) e a once pasos debuxarase a liña de lanzamento.

O lanzamento ten que ser paralelo ao chan e o xogador ten que ter os pés por detrás da liña.

Bolos ao canteiro

BOLOS AO CANTEIRO

Tamén chamados birlos ao canteiro.

Precísanse dúas ou máis bólas, construídas de madeira dura e de un a tres quilos, e de cando menos 9 birlos. Debe observarse que tanto uns como outros escachan ou deterióranse con facilidade; por iso a necesidade de ter repostos.

Os birlos teñen enttre 7-10 cm de altura. Hainos sen tornear, cos dous extremos cortados permitindo mantelos dereitos no chan, e torneados, cunha soa cara de apoio e coa outra en forma de lámpada eléctrica.

O pino

O Pino
Xogábase ao longo de todo o ano, aínda que se houbera que escoller unhas datas, estas centraríanse nos meses de verán, coincidindo coas festas patronais.

Era xogo de mozos, porque a meirande parte das veces era xogo de resolución de conflitos entre dous grupos de mozos de aldeas veciñas, a maior parte das veces derivado de problemas amorosos. Xogábase tamén por pasar o rato.

Os elementos de xogo son as cachonas e as porcas

A porca

A PORCA

Trátase dun xogo moi estendido pola provincia, con elementos semellantes ao hoquei.

Foi un xogo de nenos e nenas, fundamentalmente xogado no inverno, nun espacio aberto e amplo namentres se coidaba do gando.

Os elementos do xogo son un pao (caneira, moca), feito tradicionalmente de uceira, de cuatro a seis cuartas de lonxitude, e unha bóla (porca, pino), feita de madeira dura e de seis a doce centímetros de diámetro.

A importancia do exercicio

HÁBITOS SAUDABLES

Entre outros autores, De la Cruz, sinala que os hábitos saudables máis importantes nestas idades son:

A. Unha Alimentación equilibrada: as necesidades nutritivas dos alumnos nestas etapas que analizamos, adoitan estar cubertas por unha dieta normal e equilibrada (almorzo copioso, froita a media mañá, xantar axeitado, merenda rica en lácteos e cea).

Distribuir contido