Skip to Content

En busca do tesouro

COMEZA A 8.ª BUSCA DO TESOURO

Novembro 2017

Piratas, estades preparados/as? Pois...

IMPORTANTE: DEBEDES CUMPRIR AS NORMAS DA

BIBLIOTECA NA VOSA BUSCA.

 

7.º TESOURO ATOPADO

Mércores 31 de maio de 2017

7.º TESOURO ATOPADO!!!

Tras 18 pistas e con moito esforzo e constancia, Rodrigo Lema, alumno de 4.º Primaria, atopou o cofre do tesouro o último día de apertura da biblioteca do colexio.

O cofre atopábase dentro dun dos exemplares da enciclopedia: "Nuestro planeta, La Tierra" da editorial Combel.

Noraboa unha vez máis ao gañador!

Agardámosvos o vindeiro curso con novos tesouros!!!

ATA PRONTO

 

7.ª BUSCA DO TESOURO: PISTA nº 18

Venres 26 de maio de 2017

O misterioso libro no que se atopa

toda a información dada nas

pistas anteriores pertence á

Editorial COMBEL.

Ademais, na súa portada pode verse

unha imaxe parecida á seguinte.

 

Moita sorte a todos e todas na busca.

Lembrade que o prazo para atopalo remata o próximo mércores 31 de maio. 

No caso de que non o consigades, teredes que esperar ao curso seguinte para intentalo de novo.

 

GRAZAAAAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!

 

7.ª BUSCA DO TESOURO: PISTA nº 17

Venres 19 de maio de 2017

Os seres humanos non apareceron de golpe, senón

que son o resultado dunha evolución moi

longa que comezou hai millóns de anos.

Sábese que teñen un antepasado común cos

grandes simios, pero non se coñece o

momento exacto no que se produciu a distinción

                 entre ambas especies.

 

Lembrade que o día 31 de maio pecha a

biblioteca, co cal rematan as

posibilidades de atopar o tesouro este

curso.

ÁNIMO NA RECTA FINAL!!!

 

7.ª BUSCA DO TESOURO: PISTA nº 16

Venres 12 de maio de 2017

Os dinosaurios forman parte da familia dos réptiles. Aínda que xa se extinguiron, foron os amos do planeta Terra durante máis de 165 millóns de anos.

O seu tamaño podía variar dende un can ata un edificio. Algúns eran hervívoros e outros eran carnívoros, incluso ás veces se devoraban entre eles.

 

 

 

SÓ QUEDAN 2 PISTAS

MÁIS!!!

 

 

7.ª BUSCA DO TESOURO: PISTA nº 15

Venres 5 de maio de 2017

Coñeces a diferenza entre un

camelo e un dromedario?

O camelo ten dúas xibas e o

dromedario soamente unha.

Por tanto, o seguinte animal que é

un...?

 

XA QUEDAN POUCAS PISTAS!!!

 

 

 

7.ª BUSCA DO TESOURO: PISTA nº 14

Venres 28 de abril de 2017

O ser humano coas súas actuacións,

pon en perigo a vida de moitas

especies animais. Por exemplo,a

balea, vese ameazada pola contaminación

dos mares e a caza indiscriminada.

 

 

HABERÁ PREMIO ESTA

SEMANA?

 

 

 

7.ª BUSCA DO TESOURO: PISTA nº 13

Venres 21 de abril de 2017

O dodo é unha especie de ave, xa

extinta, que vivía nas Illas do

Océano Índico. Foi descrito por

Commerson.

 

 

VAMOS PIRATAS!!!

 

 

7.ª BUSCA DO TESOURO: PISTA nº 12

Venres 7 de abril de 2017

James Cook foi o primeiro europeo

que veu un canguro. Nun primeiro

momento, creu que se trataba

dunha especie de can moi grande.

 

 

 

Haberá gañador/a á

volta das vacacións?

 

 

 

7.ª BUSCA DO TESOURO: PISTA nº 11

Venres 31 de marzo de 2017

Durante moito tempo, o ser humano viviu en

harmonía coa natureza. Nos bosques cazaba,

recollía froitos para alimentarse e practicaba

a agricultura chamiceira, que consistía en

queimar unha parte do bosque para despois dun

tempo volver plantar nese anaco de terra.

 

 

QUE INTERESANTE!

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut