Skip to Content

En busca do tesouro

9º TESOURO ATOPADO

Venres, 20 de abril do 2018

ATOPADO O 9º TESOURO!

Nesta ocasión, a alumna Lucía de 4º curso de primaria foi a premiada ó atopar o 9º Tesouro deste concurso. Contou coa axuda de Noa e Daniela, tamén de 4º curso. Logo dunha intensa busca e tras 10 pistas, atoparon o cofre dentro do libro "Locuras (y corduras) de Abby" da editorial Alfaguara.

Parabéns polo voso traballo de investigación!

9ª BUSCA DO TESOURO: PISTA Nº10

Venres, 13 de abril do 2018

A profesora encargada de supervisar o periódico do colexio é a señorita Bunder. Ela foi quen lle encomendou a columna de consultorio á protagonista do libro.

9.ª BUSCA DO TESOURO: PISTA Nº 9

Venres, 6 de abril do 2018

Ademáis de estudar, a protagonista participa no periódico escolar, dando consellos aos seus compañeiros/as.

 

 

 

 

 

 

 

 

9.ª BUSCA DO TESOURO: PISTA Nº 8

Venres, 23 de marzo do 2018
A protagonista da historia ten a cualidade de ser unha persoa "dicharacheira".
Se busca esta palabra no dicionario, aparece:
Adxectivo 1. (persoa) Que ten unha conversa amena e ocurrente.
 

9ª BUSCA DO TESOURO: PISTA Nº7

Venres, 16 de marzo do 2018

Moita xente, entre ela a protagonista desta historia, escribe todo canto lle acontece ou pensa nun diario persoal.

 

 

 

 

9ª BUSCA DO TESOURO: PISTA Nº6

Venres, 9 de marzo do 2018

Existen calendarios de diferentes culturas: lunares, Maya, Chino, etc. E calendarios relacionados con diferentes ámbitos: astronomía, bricolaxe, de reloxos antigos...

Á protagonista desta historia encántalle os calendarios e colecciónaos.

 

 

 

9ª BUSCA DO TESOURO: PISTA Nº5

Venres, 2 de marzo do 2018

O nome da súa mascota é Thomas Jefferson en recordo ao terceiro presidente dos Estados Unidos de América, aínda que cariñosamente lle chaman Prob-Jeff!

 

9ª BUSCA DO TESOURO: PISTA Nº 4

Venres, 23 de febreiro do 2018

 A cor favorita da protagonista é a seguinte:

9ª BUSCA DO TESOURO: PISTA Nº3

Venres, 16 de febreiro do 2018

Que é o Brainstorming?

É unha choiva ou tormenta de ideas, onde cada persoa aporta ideas novas ao grupo, arredor dun mesmo tema ou problema. Serve para xerar ideas creativas e resolver problemas en grupo, dentro dun ambiente relaxado e cooperativo.

9ª BUSCA DO TESOURO: PISTA Nº2

Venres, 9 de febreiro do 2018

Que é un columnista?

É a persoa que traballa escribindo unha columna nun periódico ou revista con certa periocidade de tempo.

   

Distribuir contido


by Dr. Radut