Skip to Content

En busca do tesouro

9ª BUSCA DO TESOURO: PISTA Nº1

Venres, 2 de febreiro do 2018

Comeza a novena busca do tesouro coa seguinte imaxe, correspondente ao símbolo da editorial.

Sorte para esta nova busca, piratas!

8º TESOURO ATOPADO

Venres, 26 de xaneiro de 2018

ATOPADO O 8º TESOURO!

Outra vez máis, o alumno Rodrigo de 5º curso de primaria foi o premiado ó atopar o 8º Tesouro deste concurso. Logo dunha intensa busca e tras 8 pistas, atopou o cofre dentro do tomo 3 da enciclopedia "El Maravilloso Mundo de los Animales".

Parabéns polo teu traballo de investigación!

 

8ª BUSCA DO TESOURO: PISTA Nº 8

Venres, 19 de xaneiro do 2018

Algunhas aves atopan escondites para as súas crías no interior das árbores. Nese escondite seguro e seco, as femias poñen os ovos e os xestan, mentras as aves macho van na procura de alimentos coma: ratos, morcegos, bolboretas nocturnas e todo tipo de insectos. A medida que as crías van medrando e precisan maior cantidade de alimento, a nai tamén sae en busca de alimento. Un exemplo destas aves é o paxaro carpinteiro.

 

8ª BUSCA DO TESOURO: PISTA Nº 7

Venres, 12 de xaneiro do 2018

En moitos casos, os  machos dalgunhas especies combaten polas femias empregando na loita as súas cornamentas, colmillos ou outras partes do corpo. Polo xeral, o gañador é quen consegue aparearse coa femia. En canto o perdedor, éste raras veces sofre feridas graves.  Na imaxe poden verse dúas xirafas macho loitando por unha femia.

 

8ª BUSCA DO TESOURO: PISTA Nº 6

Venres, 15 de decembro do 2017

Observando aos seus pais, a mairía dos herbívoros aprenden axiña qué deben comer e ónde atopalo. Sen embargo, no caso dos carnívoros, as crías precisan dunha longa aprendizaxe ata que adquiren as habilidades necesarias para cazar e asegurar a súa supervivencia.

8ª BUSCA DO TESOURO: PISTA Nº 5

Venres, 1 de decembro do 2017

Un camaleón localiza a súa presa e zap! a súa longa lingua sae disparada e atrapa a súa víctima desprevenida. Pois o camaleón coma tódolos demais animais precisa comer para sobrevivir.

 

8ª BUSCA DO TESOURO: PISTA Nº 4

Venres, 24 de novembro do 2017

Algúns animais empregan ferramentas do entorno natural para cazar ás súas presas e alimentarse. Por exemplo, a nutria mariña sérvese dunha pedra: apoiaa enriba do seu ventre e logo cando atopa un molusco como as ameixas, golpea a cunha ca pedra ata que ésa se abre e pode comer o seu interior.

 

8.ª BUSCA DO TESOURO: PISTA nº 3

Venres 17 de novembro do 2017

Os animais herbívoros teñen máis facilidade para atopar alimento que os animais carnívoros. Ainda así, algúns animais que se alimentan das herbas e follas, deben desenvolver habilidades para poder comer.

Por exemplo, a gacela de Waller, precisa erguerse e manterse só coas patas traseiras para poder comer directamente das árbores, alcanzando o 1,80 de altura. E as xirafas, co seu longo pescozo, alcanzan os 5 metros de altura.

 

8.ª BUSCA DO TESOURO: PISTA Nº 2

Venres, 10 de novembro de 2017

Por todo o planeta, os diferentes animais desenvolveron diversas habilidades e métodos para obter o alimento que precisan para sobrevivir. Moitos roedores, como o esquío, enchen a súa despensa no outono para ter provisións durante o inverno, cando a comida escasea.

 

 

8.ª BUSCA DO TESOURO: PISTA nº 1

Venres 3 de novembro de 2017

 

 

Ano da publicación do libro:

(100 x 15) + (560 - 62)

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut