Skip to Content

En busca do tesouro

2.ª BUSCA DO TESOURO: PISTA nº 1

Venres 9 de xaneiro de 2015

Comezamos o 2015 cunha nova busca do tesouro. Sei que estades a agardar con impaciencia as pistas así que aquí tedes a primeira:

 

 

MOITA SORTE A TODOS!!!

 

1.º TESOURO ATOPADO!!!

Xoves 18 de decembro de 2014

Xa temos gañador da primeira busca do tesouro!!!

 

As pistas que fomos publicando facían referencia á biografía de Salvador Dalí, un dos artistas máis extravagantes e xeniais do noso país.

Este era o libro que debiades atopar. Non deixedes de botarlle unha ollada na biblioteca porque amosa dunha forma clara datos moi interesantes sobre a súa vida e obra.

Despois de 6 pistas, Xoán, de 1.º curso de Primaria, foi o primeiro en encontrar o cofre no interior do libro.

 

PARABÉNS

Solución ás pistas:

  • Pista nº 1: fai referencia a unha das manías de Dalí.
  • Pista nº 2: outra das rarezas deste fantástico artista.
  • Pista nº 3: cambiando os números polas letras correspondentes do abecedario en galego saía nome da súa nai (Felipa).
  • Pista nº 4: non sabía falar inglés; aínda así, Nueva York foi a súa cidade favorita.
  • Pista nº 5: foi o creador do logotipo dos Chupa Chups.
  • Pista nº 6: sala Mae West creada por Dalí no Teatro Museo Dalí de Figueres (Girona) pola admiración que sentía por esta actriz.

 

IMPORTANTE: Á volta das vacacións de Nadal comezamos outra busca do tesouro, así que haberá novas oportunidades para todos.

ÁNIMO PIRATAS!!!

 

EN BUSCA DO TESOURO: pista nº 6

Venres 12 de decembro de 2014

O tesouro está a piques de ser atopado!!!

Algúns de vós xa estades moi preto... Só vos falta localizar o libro na biblioteca e buscar o cofre que se encontra no seu interior. Agárdavos un fantástico regalo.

Mentres tanto seguimos engadindo pistas.

 

 

 

 

 

 

 

 

Que pode ser esta imaxe?

Fixádevos ben en cada detalle.

 

 

 

 

MOOOOITA SORTE A TODOS!!!

 

EN BUSCA DO TESOURO: pista nº 5

Venres 5 de decembro de 2014

Continuamos buscando o tesouro... Aí vai outra pista!!!

 

 

 Ten algo que ver cos Chupa Chups.

 

 

 

 

EN BUSCA DO TESOURO: pista nº 4

Venres 28 de novembro de 2014

Parece ser que algúns de vós estades a achegarvos un pouquiño ao libro que buscamos!!! Ides por bo camiño, así que aquí tedes a pista desta semana:

 

 

Aínda que non sabía inglés, Nueva York converteuse na súa cidade favorita.

 

 

ÁNIMO PIRATAS!!!

 

EN BUSCA DO TESOURO: pista nº 3

Venres 21 de novembro de 2014

Continuamos coas pistas. Para resolver a desta semana tedes que discorrer un pouquiño. Aí vai...

 

 

 O nome da súa nai era:

  6   5   10   9   15   1

 

 

A PENSAAAR!!!

 

EN BUSCA DO TESOURO: pista nº 2

Venres 14 de novembro de 2014

Que tal vai a busca do tesouro? Esperamos que a segunda pista vos sirva para achegarvos un pouquiño máis ao libro que buscamos.

 

 

Cando era pequeno, encantáballe disfrazarse de rey, sentarse nunha cadeira e dar ordes.

 

 

Moooita sorte!!!

 

EN BUSCA DO TESOURO: pista nº 1

Venres 7 de novembro de 2014

Aquí tedes a primeira pista que vos axudará a encontrar o libro e recibir o voso tesouro:

 

Cando lle pedían un autógrafo, asinábao compracido, pero a continuación gardaba con toda naturalidade o boli ou a pluma da persoa que lle pedira o autógrafo.

 

A BUSCAAAAAAAR!!!

 

COMEZA A BUSCA DO TESOURO!!!

O día 7 de novembro comeza a actividade "En busca do tesouro".

 

Lembrade mirar as pistas que imos engadindo os venres na páxina web e...

A INVESTIGAR!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut