Skip to Content

Actividades extraescolares

VISITA DE GEMMA MARQUÉS

 

Polo gaio do proxecto anual do cole, "A arte", visitounos unha retratista recoñecida.

Contounos que é a fundadora da "Casa Taller" no porto de A Guarda.

Depois de explicarnos a súa traxectoria artística e falarnos do seu proxecto "Anónimas" , impartiu unha masterclass sobre retratismo.

Tamén lle fixemos unha entrevista para radio Arrabal e firmounos no libro de visitas da Biblioteca.

COMEDEROS PARA PAXAROS

Coa chegada da primavera e o tempo revolto os paxariños andan a buscar comida e refuxo.

No cole queremos axudalos póndolles comederos e alpistes nos seus lugares preferidos.

Os comederos fixdéronnos os nenos e nenas de 4º de primaria e 6º de infantil. Quedaron chulísimos e agora toca observalos para ver si van a eles os paxariños...moi atentos cando estemos no patio.

VISITA AO COLEXIO DE SAN XEROME

 

A principios do mes de abril os nenos e nenas de 5º, 4º e 3º fomos á escola San Xerome Emiliani onde estuda Yoli a nosa compañeira deste ano.

Xustamente fomos o día do autismo; cando chegamos déronnos unha benvida moi boa, todos estaban agardándonos na porta! Tiñan preparado un vídeo para explicarnos en que consiste a diversidade. Pero o que máis nos gustou a todos do vídeo foi cando ían aparecendo caixas de cores e pedían voluntarios para abrilas practicando “probas”: na primeira Xavi estaba en cadeira de rodas e Uxía lle axudaba a sentarse e cambiar de cadeira

A segunda “proba” foi que todos tiñamos que taparnos os ollos é facernos pasar por cegos, había que agarrarse uns aos outros.

Despois das probas e o vídeo fomos merendar e xogar ao patio deles. Fixemos moitos amigos.

Ao rematar fomos cas nosas maceteiras a súa horta: enchemos con terra e metemos a planta coa raíz. Logo plantamos mais plantas para o seu invernadoiro. O nome era moi raro:era Kalanchoe.

Sen darnos conta xa era hora de marchar, pero todos queríamos quedarnos. Gustounos moito a visita a San Xerome !!!!

Ainara Lomba Miguez

Clica na IMAXE para ver algunhas fotos

 

PLANTACIÓN DE INFANTIL

Este ano o alumnado de 5 anos, 1º e 2º de primaria fixo unha plantación de oliveiras na área recreativa da Hermida. Foi a Comunidad de Montes de Oia quen lles ofreceu a posibilidad de plantar estas árbores e por así en valor o noso monte, axudando a que sexa declarado Parque Forestal.

Levamos compos do noso colexio para que estas novas árbores teñan bo alimento e poidan crecer sans e fortes.

Clica na imaxe si queres ver algunhas fotos.

TALLERES MARIÑEIROS

Como xa sabedes, esta semana celebramos a SEMANA DO MAR.

Cada familia fixemos un peixe con pratos de cartón, que están pendurados polo teito para decorar e ambientar o colexio. Os profes fixeron un barco de papel xigante, que o puxeron na entrada cunhas decoracións de mar por detrás que foi empregado para que todos os nenos e nenas do colexio puideran participar nun “photocool”.

Como elementos a destacar na decoración da entra destaca unha hélice dun submarino así como unha medusa pendurada das escadas que suben ás aulas.

Durante toda a mañá do xoves estivemos facendo diferentes obradoiros nos que mariñeiros experimentados da Guarda nos ensinaron a facer diferentes tipos de nos, así como a montar un compás e o seu funcionamento e manexo en alta mar. Finalmente montamos unha maqueta dunha embarcación típica da zona como é a gamela. Nos explicaron o significado do sistema de matriculación das embarcacións o cal aplicamos á hora de crear a matrícula para cada unha das nosas embarcacións.

Cos profes nas aulas fixemos otras actividades como o estudo e exploración de diferentes especies de peixes que tiñamos nun ficheiro recopilatorio de especies de animais mariños.

Brais González Miniño.

CLICA nas imaxes se queres ver máis fotos.

 

 

SEMANA DO MAR

Durante esta semana e coa axuda da asociación PIUEIRO celebramos no colexio a Semana do Mar.

Na entrada temos unha exposición de traballos de todos os nenos e nenas do cole e unha colección de obxetos traída pola asociación.

Tamén temos un "photocall" con traxes de pescador polo que iremos pasando todas as clases, un taller de chapas conmemorativas e obradoiros de nós mariñeiros e maquetismo.

Unha semana moi completa na que aprenderemos moito sobre o mar e os seus oficios e trataremos de recuperar e por en valor o noso patrimonio marítimo-fluvial.

XOVES SIN BALÓN

Este ano durante os recreos dos xoves non teremos balóns para xogar.

Magua para algúnhas/algúns e ledicia para outras/outros, magua para as/os que se pasan o recreo xogando ao balón e ledicia para as/os que lles gusta xogar a outras cousas.

Os xoves o campo de fútbol terá aros, indiakas, cordas, bolos, gomas, petancas, cometas, raquetas, globos, cartas, bonecas, canicas, coches, motos, patinetes...eu que sei! Unha chea de xogos que nos farán disfrutar do recreo e das nosas amigas e amigos.

 

 

PLANTACIÓN NOS MONTES DE OIA

Este ano o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º fixo unha plantación de árbores autótonas. foi a Comunidad de montes de Oia quen lles ofreceu a oportunidade de reforestar o noso monte con castiñeiros, carballos, acivros... É unha oportunidade magnífica para por en valor o noso monte e axudar a que sexa declarado Parque Forestal.

Agora o lugar chámase o "Souto das nenas e nenos", que xunto con outras plantacións forman o Bosque do Colexio de Oia.

CLICA NA IMAXE SI QUERES VER ALGUNHAS FOTOS

O NOSO COMPOSTEIRO

O concello instalou cerca da horta uns contedores de compos. Alí van almacenando os residuos do comedor do cole. Van tapando os residuos con restos de poda e outros restos vexetais e ao final sale un abono moi bo, este abono é o que chamamos compos. Os lugares onde se almacenan chámanse composteiros.

Estes días estivo Karina (unha experta nesto da reciclaxe orgánica) axudándonos a comprender o proceso que ten lugar no composteiro. Como se almacena e que residuos poden botarse, que seres vivos interveñen no proceso e que reaccións químicas suceden. Ao final levamos un sobre con compos para as nosas casas, seguro que lles ven moi ben as nosas plantiñas!

CAHRLA DOS AXENTES FORESTAIS DE OIA

O día 12, martes, viñeron ao cole tres gardas forestais de Oia a darnos unha charla sobre como hai que tratar o monte e como fan eles para coidalo. Temos que manter limpos os montes, non pisar nin estragar as casas dos animais nin matalos, protexer a natureza para protexernos dos ventos fortes e inundacións, etc.

Nos dixeron que tódolos montes e aos cabalos que hai neles teñen dono e se hai unha sinal de que non se pode pasar, hai que respectala. Tamén nos ensinaron o que fan para contar cantos peixes hai nos ríos. O facían cunha vara rematada nun círculo que provocaba unha pequena descarga eléctrica para adormecer aos peixes uns instantes. Os pesan, os miden e cando acaban coas probas, os devolven ao ría.

Despois, miramos e tocamos varias cousas. Entre elas, trouxeron casetas para que durmiran os morcegos, unha pola de sobreira, paletas apagalumes... Todo foi bastante interesante, sobre todo cando nos contaron que, en Marrocos, os nenos pasan o día coas cabras, nunha caseta de pedra no medio do monte e non teñen colexio.

Aínda que non o tiveran, non tiñan pelotas, nin tablet, nin móbil. Ata podían chegar a morrer con máis de 90 anos e non as coñecerían. Co que nos tiñamos que quedar era con non tirar as cousas no chan e se podía ser, arranxalas e, se non, tiralas no punto limpo ou ir a onde se comprou.

Resultado de imagen de forestales de oia

Distribuir contido


by Dr. Radut