Skip to Content

Actividades extraescolares

CAMIÑO DE SANTIAGO 2021

Despois de traballar o Camiño de Santiago durante todo o curso, seguindo os obxetivo do PDI do centro, rematamos cunha excursión para facer o tramo que vai dende A Guarda ata Oia.

Cada curso adaptou a lonxitude do percorrido as súas capacidades e así os de infantil fixeron os últimos quilómetros, 1º e 2º un percorrido algo máis longo, 3º e 4º xa fixeron 6 quilómetros (dende o mirador do tío Rincho) e 5º e 6º de primaria que fixeron o percorrido completo empezando dende a Paia de Area Grande.

CLASES DE BOULDER

Si queres probar un novo deporte, descubrir as túas capacidades e

os teus límites...

...apúntate ás clases de boulder.

No XIMNASIO do colexio.

Para alumnado de 4º, 5º e 6º.

Todos os MARTES de 15.30 a 17h.

Descubre a nova instalación de BOULDER de OIA!!!

ALÉN DO ENTROIDO

XA SE ACHEGA O ENTROIDO

E TÉMONOS QUE DISFRAZAR

SEGUINDO AS ORDES DE BIBLI

QUE BEN O IMOS PASAR.

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Aquí tedes os videos da celebración do pasado venres, 5 de xuño de 2020. Xa vedes que somos uns ecoloxistas convencidos. Moitas grazas a tod@s e non esquezades disfrutar da natureza.

A HORTA DO CEDO

Xa temos plantada a horta do cedo, esa que se planta no inverno para dar o producto antes da primavera. Foi o alumnado de 3 anos axudados pola súa titora e Cecilia quenes fixeron o traballo...agora paciencia para ver os resultados.

SEMANA POLO CLIMA

Este xoves 26 de setembro, o alumnado do noso cole participará nuha iniciativa mundial a favor da sensibilización polo cambio climático.

Despois do recreo, xoves sin balón, xuntarémonos no patio de recreo todos e todas con camisetas de cor verde. Así mesmo nas diferentes titorías visionaremos unhos videos que nos mostran a gran traxedia que supón o cambio climático.

Si queres saber máis clica no seguinte enlace:

https://teachersforfuturespain.org/actualizacion-huelga-mundial-por-el-clima/

                                                                 

 

O PRIMEIRO DÍA DE CLASE - 2019/2020

Xa comezou o curso e volvemonos a encontrar cos amigos e amigas. Moita alegría e moita ilusión sin que se nos olvide o traballo e o estudo.

Nas clases fixemos uns xogos de presentación e na asamblea falamos do marabilloso e longo verán. Despois fixemos unha redación sobre o verán.

Máis tarde estivemos colocando o material e os libros no seu sitio. Saímos ao recreo que foi de unha hora e serviunos para pornos ao día cos amigos e amigas, contámonos moitas cousas e fixemos moitos plan para este curso.

Cando rematou o recreo miramos unha obra de teatro titulada "O Merlo Branco" de Agustín Fernández Paz. Montada polo grupo de teatro de Mougás e interpretada por alumnos e exalumnos do noso cole. (Inés, Ero. Hugo, Xiana, Elba, Lucía, Mario.)

Para rematalo día fomos ao comedor e marchamos para casa.

Feliz curso a tod@s, que aprendamos moitas cousas e nos divirtamos.

MIGUEL, LÚA, IRENE de 4º de primaria

PROXECTO MULLERES

O alumnado de PROA (Pensamos, rimos, opinamos e aprendemos) preséntannos a mulleres relevantes da nosa historia.

Tamén vos invitamos a vir ao colo para ver a exposición que hai na entrada.

Fai CLIC nas fotos para ver os videos elaborados polos nen@s.

OS XOGOS DO PATIO

O martes pasado os profes estiveron toda a tarde pintando xogos no patio. Un caracol fabuloso, un laberinto, unha pista para coches, un circuito de psicomotricidade, un xogo de enredos e dous de tres en raia e un campo de fútbol para chapas.

Agora temos o patio moi colorido e divertido, que ben o pasamos xogando no cole!

COLLEITA DO HORTO DO CEDO

Xa fixemos a colleita do noso "horto do cedo". Entre os nenos e as nenas de 5 anos e de 2º de primaria, estivemos todo inverno coidando das plantas e agora chega o mellor momento...tivemos brecol, acelgas, repolo, coliflor, cebolas, porro, perixel, berza e patatas. Unha maravillosa horta que ben da para un cocido. Dentro de nada volveremos a plantar, estamos feitos uns agricultores e agricultoras de primeira.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut