Skip to Content

educación física

BRILÉ COOPERATIVO EN 4º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de cuarto de primaria están a xogar ao BRILÉ, pero non un brilé competitivo, máis ben un brilé cooperativo. O número de xogadorxs, a forma de elexir os euqipos e as tácticas a seguir durante o partido axudarannos a participar e divertirnos todxs xuntxs. VAMOOOOSSSS!!!

 
 
 

BALONMÁN NAS AULAS

O Mecalia Atlético Guardés e o Valinox Novás desenvolven un programa conxunto para as escolas deportivas. Os dous clubes irán da man nas visitas aos colexios, xornadas de iniciación e máis actividades destinadas á captación de nenxs.
 
Esta semana recibimos a visita destes grandes deportistas no colexio de Oia. Fixemos unhos xogos de adestramento e comprendemos a importancia do traballo en equipo. Agora toca seguir practicando, ánimo rapaces e rapazas.

SORPRESA EN 2º

Por sorpresa, na clase de segundo, apareceron unhas caixas de froita. Seguramente algo terá que ver co coidado da nosa alimentación. CONTAMOS CONTIGO!!!

XORNADA DEPORTIVA CO CLUB CICLISMO OIENSE

REMATAMOS O TRIMESTRE CUNHA ESTUPENDA XORNADA DE CICLISMO. ASER ESTÉVEZ FOI O ENCARGADO DA ACTIVIDADE NA QUE REALIZAMOS UN CIRCUITO E PRACTICAMOS DISTINTAS HABILIDADES SOBRE A BICI.

CAMPIONATO DO MUNDO DE BADMINTON

Estas son as gañadoras do campionato mundial de badminton que fixemos as alumnas de 4º de primaria.

MEDAIA DE OURO para CRISTIAN

MEDAIA DE PRATA para ALBA

MEDAIA DE BRONCE para IZAN E ADRIÁN

MEDAIA DE PLATINO para TODA A CLASE DE 4º QUE PARTICIPOU CON TANTO ENTUSIASMO NO CAMPIONATO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 A clase de 4º na entrega de agasallos e no círculo da escoita activa.

As gañadoras

ESCOLA DE BALONMÁN

Ao comezar o curso tivemos unha visita moi especial. As xogadoras do Atletico Guardésimpartiron unha clase maxistral para aprender a xogar ao balonmán. Aprendemos as regras do deporte, como colocarnos no campo e pasar aos compañeiros para que sexa a pelota a que corra e non os xogadores. Foi moi emocionante e divertido!

Distribuir contido


by Dr. Radut