Skip to Content

educación física

XORNADAS DE ATLETISMO ESCOLAR

O pasado mércores o alumnado de 5º de primaria acudiu a unha xornada de atletismo escolar. Estaban organizadas dende a Diputación de Pontevedra e a través do programa XOGADA, no cal participa o noso cole. Alí estábamos colexios de todo o Baixo Miño e con moitos deles xa coincidíramos na carreira de campo a través. Carreiras, saltos e lanzamentos foron as disciplinas nas que participamos e podemos decir que fomos máis rápidos, saltamos máis alto e lanzamos máis forte. Foi toda unha experiencia coñecer a nenos e nenas doutros coles e compartir con eles esta xornada. Esperamos repetir.

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Atletismo 5º

BICIS XOGADE

Repetimos, en colaboración co club ciclista TEAM OIENSE, as xornadas de bicicletas no colexio. Participaron as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º. Empezamos o venres, coincidindo co paso da volta ciclista a Galicia por Oia, e rematamos este pasado luns. Fixemos un circuito bastante técnico e difícil de superar sin penalizacións. Unha vez que practicamos fixemos unha pasada cronometrada. Foi xenial!!!

Moitas grazas a todas e todos por traer as bicis e compartilas coas compañeiras e compañeiros.

Álbum: CURSO 2022-2023 -> BICIS XOGADE

Piscina 2º trimestre

Nestre trimestre xs nenxs de 6º e 5º de primaria van a piscina de A Guarda cada martes. Alí aprenden a nadar e disfrutar ao mesmo tempo por iso están desexando que chegue o martes. Pásano xenial, están máis tempo fora do cole todxs xuntos. Aquí vos deixan uns álbums con fotos da piscina.

Están desexando que chegue o martes para coller o churro e a paleta e nadar sen parar. A auga patos!!!

(Gael, Carla, Iago e Nico de 6º de primaria)

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Piscina 2º trimestre

XOGADE A BALONMÁN

A través do programa XOGADE e co apoio do club balonmán guardés, vimos impartindo unhas sesións de balonmán no curso de 4º de primaria. O encargado de dar a clase é Fabio, entrenador do Guardés e gran coñecedor da realidade escolar da nosa zona. Propúxonos xogos para aprender a levar o balón, colocarnos no campo, atacar e defender nos partidos, etc. Sempre moi atentos os nenos e nenas de 4º disfrutaron e aprenderon non só a técnica sinon tamén a actitude positiva que transmite este deporte. Esperemos que se repitan estas clases. VIVA O BALONMÁN!!!

 
 

BOULDER EN OIA

Comezamos o terceiro ano de BOULDER EN OIA e cada vez estamos máis motivados con esta actividade. Sendo Oia un lugar de referencia para a escalada en Galicia, o noso colexio quere contribuir a fomentar este deporte de aventura. Durante os recreos e parte da hora de ler, o alumnado de 4º, 5º e 6º, participa en xogos e escaladas para ter máis horas de actividade física no colexio. Anímate e participa...contamos contigo!!!

DEBERES DE EDUCACIÓN FÍSICA

Para que non vos aburrades estas vacacións, aquí tedes os deberes para este NADAL. Na lista de traballos atopamos:

  • Reducir o peso da mochila, o exceso de peso te pode perxudicar co paso do tempo.
  • Facer sempre o quecemento para evitar problemas ao facer exercicio.
  • Facer algo de deporte para estar sanos e felices.
  • Ler un libro para axilizarnos ao ler e activar a mente.
  • Relaxarnos e durmir o tempo precis para estar despexados cando teñamos que facer outras actividades.

Pois eses son os deberes para o Nadal, Falando de Nadal... Desexovos unhas increibles vacacións. ADEUS!!!

(Iago 6º)

Si entras en E-DIXGAL, 5º Educación Física, tema 2, atoparás unha tarefa onde engadir (voluntariamente) algunhas fotos sobre a lista de tarefas post-colexio.

CAMPO A TRAVÉS 2022

 Clica na imaxe se queres ver algunhas fotos da carreira

 

Clica na imaxe para ver o pdf cos resultados do campo a través

 

Esta semana os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º fixeron unha pequena viaxe a...PRAIA DA LADEIRA. Alí realizaron  unha pequena proba física na que correron unha milla.

Arriba tedes algunhas imaxes e os resultados da proba.

(Pablo 6º)

 

RINGOL: COOPERACIÓN, INCLUSIÓN E IGUALDADE

Aquí tedes un deporte inventado nun colexio de Sevilla no ano 2017: O RINGO.

É un deporte moi divertido e entretido onde poden xogar como máximo 7 ou 8 persoas nun equipo. Neste deporte temos que ser cooperativos, igualitarios e inclusivos. Pasalo ben e...IMOS ALÓ!!!

(Lucas 6º)

ANDAINA MAGOSTO 2022

 

 Un ano máis subimos ata arriba. Esta vez non saímos andando dende o cole senon dende a casa Forestal de Oia camiñando pola Serra da Grova. Pasamos polo castro de Chavella e chegamos ao Dado da Grova.

De volta camiñamos ata o Curro da Valga. Despois quedamos alí facendo cabañas e as dúas recolleounos o autobús. (Nicolás 6º)

aquí tes a ruta x si te apetece repetila coa túa familia

 

Powered by Wikiloc

DACHBALL EN 3º DE PRIMARIA

Polo ximnasio, nas clases de educación física de 3º de primaria, apareceron uns superheroes que teñen moitas ganas de xogar. Si, nenos e nenas, estamos a xogar ao DACHBALL ou brilé con superpoderes...anímaste a xogar???

Distribuir contido


by Dr. Radut