Skip to Content

Radio Arrabal

Radio Arrabal

O NADAL NAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

Aquí tedes unha nova entrega da radio arrabal. Esta vez é o alumnado de relixión de 6º que estivo investigando sobre o nadal nas diferentes comunidades autónomas da península ibérica. Resumiron todo nun fantático podcast que esperemos que vos guste. Adiante co programa!!!

 

SEGUNDO PROGRAMA DA RADIO ARRABAL

 Xa temos o programa de novembro, nel temos noticias, entrevistas e moito meeedo!!!

Cada vez resulta máis doado e divertido facer a RADIO ARRABAL, esperamos que o pasedes moi ben escoitando este bonito programa.
Adeuuuus!!!!

 

Tolemias Inimaxinables

Primeiro programa de "Tolemias Inimaxinables", o programa realizado polxs alumnxs de 4º curso de Ed. Primaria do CEIP Mestre Manuel García (Oia). Neste espazo xs alumxs desprázanse á praia de Oia onde realizarán unha entrevista a un ser moi especial. Para rematar escoitaremos unha canción dun personaxe moi familiar para todxs. A voar coas ondas de Radioa Arrabal.

PRIMEIRO PROGRAMA D@S "OIADOR@S" DE 6º

 Escoitade o primeiro programa da clase de sexto de primaria e atoparedes uns podcast sorprendentes. Falamos do inicio do curso, do xadrez, animais exóticos, o samaín e un video xogo. Disfrutade da fin de semana escoitando o noso programa.

PRIMEIRA "OIAda" DA RADIO ARRABAL TV

Xa comezamos coa RADIO ARRABAL TV. O formato do programa é o de podcast, cada grupo de clase busca un tema, elabora un guión e o grava incluindo algún efecto e música para acompañar. Esperemos que disfrutedes escoitando tanto coma nós gravando. Adiante coa radio!!!

 

 

Radio Arrabal con Arbricias e Helen & Shanna

Chegou o último programa deste curso 2022-2023. 

Radio Arrabal despídese ao grande cun programa en directo que conta coa presenza de tres invitados moi especiais: Arancha Brandón, Arbricias de nome artístico, directora de cine nacida na Guarda acompañada pola música de Helen & Shanna, interpretada por dous dos seus integrantes (Óscar e Alberto).

Radiooíntes, boas vacacións e bo verán! 

 

O valor da vida

A emisora Radio Voz rétanos a facer un podcast dun máximo de 10 minutos.

Aquí tedes o resultado! As nenas e nenos de 5º de Primaria crean O VALOR DA VIDA, un podcast que nos fala sobre os residuos que tira o ser humano ao medio ambiente. Que podemos facer ao respecto? 

Click no play!

Radio Arrabal 5º

5º de primaria está de novo nas ondas da Radio Arrabal!

Para informar, divertir, compartir, pero... sobre todo, para pasalo ben!

Click no play e comezamos en 3, 2, 1... ACCIÓN!

 

PROGRAMA # 13

Aquí tedes este decimo terceiro programa, o último deste curso. Ven cargadiño de interesantes contidos científicos, deportivos, educativos e unha maravillosa entrevista ao noso profe Elías. Disfrutade do programa e nos vemos polas ondas!!!

 

V CONCURSO PODCAST RADIO NA BIBLIO (2ª parte)

Ola nenos e nenas, hoxe temos un novo programa da RADIO ARRABAL e con este xa van 12, unha ducia.

Seguimos homenaxeando a FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO polo día das Letras Galegas, esta vez escoitaremos os podcast que non foron seleccionados para o CONCURSO DA RADIO NA BIBLIO. Pois imos aló, adiante coa radio!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut