Skip to Content

Radio Arrabal

Radio Arrabal

TOLEMIAS IMAXINABLES 6_ESPECIAL FIN DE TRIMESTRE

 Novo programa en directo do alumnado de 4º, programa especial de fin de trimestre. Falamos das últimas novas do cole, efemérides do mes de marzo e moito máis. Por suposto entregamos os premios do concurso da radio e quedamos encantados, animádevos a participar para a próxima edición.

Agora a disfrutar do programa e das vacacións, o traballo está feito. Adeuuuuus!!!!

PROGRAMA ESPECIAL CROS 6º

Aquí tedes o podcast que preparou 6º para falarnos da súa aventura no CROS DEPORTE ESCOLAR...atentas para contestar ben á pregunta do concurso.

 

DIA DA MULLER TRABALLADORA 8M

Programa especial para celebrar o día da muller traballadora. O alumnado de 4º de primaria preparou un programa cargadiño de noticias, actualidade, entrevistas e información...
Escoitade atentamente que tamén hai pregunta para o concurso.

Adiante coa RADIO ARRABAL!!!!

 

Portada » Galegas8m

PROGRAMA ESPECIAL DE ENTROIDO 2024

 Bos días oiadores e oiadoras:

O entroido rematou pero seguimos coa resaca da festa e dos disfraces. Si queres saber o que fixemos no cole para celebralo, atende moi ben á primeira parte do programa. Si o que te interesa é o entroido na nosa bisbarra ou en Galicia contra o final do programa tedes toda a información. Por suposto teredes que estar moi atento ao CONCURSO da RADIO ARRABAL.
Por último nunha segunda entrega do programa falaremos do entroido polo mundo adiante. Diasfrutade e a empezar a preparar os disfraces para o ano que ven.

 

TOLEMIAS INIMAXINABLES 4

Xa está aquí o cuarto programa de "Tolemias Inimaxinables" o programa máis tolo da Radio Arrabal. Nesta ocasión falamos do Día Mundial da Radio, de planetas e do fin do entroido. Tamén nos desprazamos a un lugar único, ás "Pozas de Mougás" onde coñecemos a unha personaxe moi especial.

Por certo, non vos olvidedes de participar no concurso da Radio Arrabal, desta vez "pregunta dobre":

1.- Que río descende polas pozas de Mougás?

2.- Entre que anos viviu o loro Ravachol do entroido de Pontevedra?

Xa sabedes, collede un papeliño e escribide as respostas ás dúas preguntas, o voso nome e curso e para dentro do buzón da radio.

Moita sorte a to@s! 

TOLEMIAS INIMAXINABLES_ DÍA DA PAZ

 Unha tolemia inimaxinable, un mundo en paz, sin guerras.

Eso é o que queren as nenas e nenos de 4º de primaria. Coa axuda do alumnado de 6º fixeron un programa especial adicado á PAZ. Seguro que con esta ilusión ficeron do mundo un lugar un pouquiño mellor.

Engadiron na parte final o CONCURSO retomando costumes de cursos pasados. Animádevos a participar!!!

Veña a escoitar con atención e disfrutar deste novo programa. Feliz día da paz!!!

CHRISTMAS TRADITIONS

Este curso no que andamos a explorar e coincidindo coas datas do Nadal, o alumnado de inglés do terceiro ciclo botou unha OIADA as tradicións que teñen noutros paises para celebrar o Nadal. Elexiron paises de fala inglesa pero tranquilxs que o programa vai con tradución simultanea ao galego. Disfrutadeo eee merry christmas!!!!

 

Santa rides a sleigh with reindeers and a trex dinosaur. Merry Christmas,  xmas and happy new year funny concept. Cartoon vector illustration. Santa  Claus is coming to town. 14321058 Vector Art at

TOLEMIAS NAVIDEÑAS

Aquí tedes o último programa do alumnado de cuarto de primaria. Quentiño, recen saído do estudo de radio. Hai nel unha marabillosa entrevista, sabedes quén é a personaxe invitada? Pois facer clic e escoitade.

Apertas e bo nadal a todxs!!!!

 

 

PROGRAMA ESPECIAL NADAL

Ola de novo OIADORES:

Hoxe serán as nenas e nenos de sexto as que nos sorprendan co derradeiro programa do ano. Trátase dun programa moi navideño no que contan celebracións do nadal que se fan noutros paises do mundo. Esperamos aprender moito das costumes doutros paises. 

Bo Nadal a todxs e xa sabedes, portarvos moi ben que Papá Noel está cerca, biquiñoooooos!!!!

O NADAL NAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

Aquí tedes unha nova entrega da radio arrabal. Esta vez é o alumnado de relixión de 6º que estivo investigando sobre o nadal nas diferentes comunidades autónomas da península ibérica. Resumiron todo nun fantático podcast que esperemos que vos guste. Adiante co programa!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut