Responder ó comentario

CONSELLOS PARA PREVIR CONDUTAS INAPROPIADAS DOS NOSOS FILLOS/AS NA CORENTENA

Queridas familias, na situación extraordinaria que estamos vivindo debido a crise sanitaria, é posible que poidan aparecer con facilidade actitudes e condutas nos nosos pequenos, que, tendo en conta as circunstancias e o contexto actual, non deben alarmarnos pero si debemos telas presentes, e considerar que se afectan á convivencia familiar é posible que haxa que corrixilas. Algunhas destas condutas poden ser:

     • aumento das dificultades para controlar as emocións, e labilidade emocional ( episodios de choros,

       logo de risa e emocións incontrolables)

     • episodios de enfado (aumento da irritabilidade, ¨rabechas¨)

     • conducta hipermotriz ( ¨non parar quieto¨) ou queixas por aburrimento

     • dificultades para seguir indicacións e conductas de oposición e negación (non obedecer, non

       respectar as normas...)

     • aumento dos medos , dificultades na alimentación e no soño...

 

COMO PODEMOS PREVIR ESTAS CONDUTAS ?

1. Ter en conta os aspectos positivos do confinamiento e utilizalos para compensar os seus efectos negativos. Un exemplo sería o aumento do tempo que os fillos/as pasan cos pais e irmáns: Sería positivo aproveitar a situación do confinamento para aumentar o tempo que pasamos cos nenos e a cantidade e calidade da comunicación que establecemos con eles (falar máis con eles, escoitalos, xogar con eles...)

2. Establecer un horario de rutinas diarias que permitan aos ¨peques¨ manter o ritmo do día a día cos menores cambios posibles respecto ao que facían antes do confinamento.

   Sería interesante facer un horario coas actividades diarias (parecido a un horario de clase) podendo intercalar actividades de lecer/diversión/xogo con outras de hábitos de autonomía e actividades de colaboración familiar (axustadas á idade) de actividade física e de tarefas escolares:

     • Podemos facer un HORARIO VISUAL (con debuxos e letras e números de moitas cores) onde aparezan as actividades que realizarán no día. Isto pode implicalos e motivalos xa que eles mesmos poden crear e decorar o horario, ademais de que poden consultalo sempre que queiran sen necesidade de que sexa o adulto quen estea indicando e insistindo en cada momento que é o que toca facer.

     • Algún exemplo de actividades de lecer: receitas, manualidades, rompecabezas, construcións, lectura conxunta de contos e representación teatral (con disfraces) dos mesmos, escoitar música e bailar, xogos de mesa, xogo simbólico (¨é a capacidade do neno para imitar situacións da vida real e poñerse na pel de outras persoas¨) e xogo imaxinario.

     • Exemplos de actividades de autonomía (dependerá da idade do neno): hixiene persoal, vestirse, recoller a habitación e facer a cama...

     • Ser autónomo implica tamén responsabilizarse das tarefas escolares: por iso é moi importante que os nosos pequenos non se desvinculen da escola e do seu profesorado. É necesario que sigan facendo as actividades propostas dende o colexio, mantendo unhas rutinas diarias.

     Pero non debemos esquecer, neste punto, que o noso horario pode ser flexible e non ten porque ser respectado ao cen por cen. É dicir, isto axudará a evitar agobios e momentos de tensión. As tarefas escolares deben ocupar un tempo diario como se se estivese na escola, pero non é necesario se o neno acaba a tarefa antes de tempo, recordade que o xogo e o descanso tamén son importantes. Sobre todo, a planificación e la organización son ideais para que non haxa caos no fogar.

     • Exemplos de actividades de colaboración familiar: poñer e quitar a mesa, axudar a cociñar, poñer a roupa na lavadora e tendela, limpeza da casa, quitar o po, etc.

     • É moi importante incluír no horario un tempo para a actividade física, xa que, segundo expertos, "reduce a ansiedade, mellora o humor e o sono e diminúe o risco de sobrepeso". Sería interesante que o adulto participe nestas actividades organizadas que impliquen movemento e que sexan actividades axustadas ás posibilidades de cada fogar.

 

3. Evitar o uso excesivo de pantallas (televisión, tablets, móbiles, consolas...) e axustalo á idade do neno.

4. A situación de confinamento ten efecto claro sobre as emocións dos paisnais o os adultos que están ao cargo dos nenos. Neste contexto será importante coidar as nosas reaccións diante dos pequeno en momentos de tensión ou de desánimo, evitando episodios de comunicación negativa.

5. Intentar manter contacto con outros familiares e cos amigos, a través de chamadas ou de videoconferencia, o que nos permitirá mitigar a situación de illamento social.

6. Aproveitar as fases do desconfinamento: agora que os nenos e nenas xa poden saír das súas casas unha hora ao día é fundamental que o fagan para que poidan facer unha actividade física máis forte, tomar o aire, ver xente (mantendo a distancia)...

 

   Ata aquí estes pequenos consellos para previr condutas negativas na casa nesta corentena. Para a semana ensinareivos algunha estratexia para eliminar ou modificar algunha desas condutas negativas.                                               

                                                               Saúdos!!

 

Raquel Vázquez Vaamonde

Mestra de Pegagoxía Terapéutica

CEIP Francisco López Estrada

Responder