Skip to Content

O son que me arroia

Grazas a colaboración co Anpa e a Depuración de Lugo, o alumnado de E. Infantil puido desfrutar deste concertó didáctico.

Álbum: Curso 22/23 -> O son que me arroia

Samaín e merendas terrorificas

Álbum: Curso 22/23 -> Samain e merendas terrorificas

Magosto

Magosto

Obradorio de Ciberseguridade

O alumnado de 5º de EP tivo un obradoiro sobre ciberseguridade impartido "Polo Correo do Vento" ,  colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística.

 

Álbum: Curso 22/23 -> Obradoiro Ciberseguridade

Samaín 2022/23

 

Iniciación á Micoloxía

Onte o alumnado de 5º e 6 º de E. Primaria tivo un  primeiro achegamento ao mundo da MIcoloxía, primeiro cunha charla e logo cunha saida  preto do centro educativo integrada no Programa Voz Natura.

Álbum: Curso 22/23 -> Setas

Pintado do valado exterior

Durante o día de onte e hoxe o alumnado de 5º e 6º de EP estiveron a pintar os barrotes do valado exterior do centro.  Se o tempo o permite, a vindeira semana,  seguiremos pintando e  involucrando a todos os cursos. As cores foron elixidas seguindo a normativa do novo Plan de Arquitectura Pedagóxica de Galicia.

Álbum: Curso 22/23 -> Pintado do valado

Charlas Afectivo Sexuais

Grazas a colaboración co Anpa hoxe levaronse a cabo estas charlas para o alumnado de 6° EI e 2° EP.

Álbum: Curso 22/23 -> Charlas Afectivo Sexuais

Exhibición cinolóxica do CMT de Parga.

Hoxe tivemos a visita da patrulla canina do exército.

Nesta exhibición participaron un total de seis cans (Skull, Scapy, Delta, Ali, Bond e Loco) e os seus adestradores  pertencentes aos equipos antidrogas, explosivos e defensa.

Todos forman parte da Cuarta Subinspección do Exército Noroeste.

Tamén nos acompañou o alumnado e profesorado do Ceip Santo Estevo de Parga.

Álbum: Curso 22/23 -> Patrulla canina
Distribuir contido


by Dr. Radut