Skip to Content

Saída as 14.30 h

Estimadas familias:
O servizo de transporte avisanos de que NON gararantiza o retorno as 16.00 debido as condicións das estradas.
Debido a isto, a consellería aconsellanos  adiantar a saída ás 14.30 h de TODO o alumnado.
O transporte saíra as 14.30 h e o alumnado do pobo as 14.40 h
O servizo de comedor adiantase as 13.45 h para todos  os usuarios.
Ante calquera dúbida, avisade a titoría ou ao centro.

Grazas e perdoade as molestias.

Suspensión do transporte da tarde

Estimadas familias:

A conselleria decidiu suspender o transporte no horario de tarde. Monbus ainda non nos confirmou se podera recollelos as 14.30 h, polo que aconsellamos a aquelas familias que non poidan vir a recollelos  que non os/as envíen hoxe ao centro.

Saudos 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado para o curso 2023/2024 (cambio de etapa)

 

 

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición.

 

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o  día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa (ao instituto).

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2023, ambos incluídos.

As familias terán que entregar a solicitude de reserva de praza na secretaría do noso centro (Anexo I documento adxunto).

Ou ben poder presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da aplicación  admisionalumnado.

 

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

 

Alerta meteorolóxica

Alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por vento e acumulacións de neve

 
 
 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por acumulacións de neve por riba dos 20 cm, que comezará o martes día 17.01.2023 ás 06.00 horas e prolongarase ata as primeiras horas do mércores 18.01.2023. Este adverso afectará á zonas da montaña de Lugo e Ourense.
O aviso será amarelo no mesmo período horario nas áreas: Interior de A Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras.
Adicionalmente se alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por vento dende hoxe día 16.01.23 ata o medio día do mércores 17.01.2023 nas zonas da Mariña Lucense e noroeste de A Coruña.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

1. A SUSPENSIÓN do transporte escolar DURANTE O MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición das montañas de Lugo e Ourense, con seguimento das condicións climáticas nas zonas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras.
2. SUSPENSION do transporte escolar EN HORARIO DE TARDE DO MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense y Valdeorras.
3. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas da Mariña Lucense e o noroeste de A Coruña ata as 12h do martes 17.
4. Por parte da autoridade Educativa comunicarase esta incidencia aos directores dos centros escolares e ás empresas de transporte, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimentos dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá o adverso.
5. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares. Adicionalmente extremaranse as condicións de circulación do transporte con seguimento das condicións climáticas.

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/28006

 

 

 

 

Festa de Nadal

Hoxe foi un día moi intenso no colexio, primeiro coa visita de Papa Noel e as súas acompañantes ( coma sempre darlle as grazas ó Anpa pola súa colaboración) e logo coa festa de Fin de trimestre, con campanadas, globos, confetti, gusanitos e moita música.

 

Desexámosvos unhas Felices Festas e un 2023 cheo de cousas boas!!

Álbum: Curso 22/23 -> Festa de Nadal

Visita dos usuarios do Centro de día

Hoxe tivemos a visita dos usuarios do centro de día Casa Capataz, foi un encontro moi emotivo e cheo de agasallos!!! Pasámolo xenial!!!

Álbum: Curso 22/23 -> Centro de dia

Concurso

A postal realizada polo noso alumno Hugo  de 3° EP - B foi a elixida por Autismo España para felicitar o Nadal a nivel nacional. Parabens Hugo!!!

 

https://autismo.org.es/ganador_concurso_navidad/

 

Concurso

Festa de Nadal

Festa de Nadal

Semilleiro

Hoxe o alumnado de 5° de EI e o de 6° A  colaborou na creación  dun semilleiro de castiñeiros e nogais no horto. Iremos vendo como medran e logo transplantarémolos.

Temos que agradecer a axuda de Francisco Roca que nos guiou e aconsellou en todo o proceso.

Álbum: Curso 22/23 -> Semilleiro

25 N

Álbum: Curso 22/23 -> 25N
Distribuir contido


by Dr. Radut