Skip to Content

Presentación

ESTREAMOS REDES SOCIAIS PARA OS PROXECTOS EUROPEOS

Estreamos Redes Sociais para os dous Proxectos Europeos Erasmus +

"Trilingual: lectura en acción" e "Gamificación Educativa: motivación e inclusión". Podedes ler a presentación no link da esquerda.


Síguenos en Facebook e Instagram, deixámosvos aquí as ligazóns:

 

ERASMUS+ GAMIFICACIÓN EDUCATIVA

 

O noso proxecto "GAMIFICACIÓN EDUCATIVA: MOTIVACIÓN E INCLUSIÓN" foi seleccionado dentro dos Proxectos Europeos de Educación Escolar Erasmus+ KA101, para desenvolver nos cursos 2020-2022.

Este proxecto xorde a partir dunha inquietude constante por parte do profesorado, de como incentivar a motivación no alumnado e espertar así a adquisición de aprendizaxes dunha forma máis significativa. Preténdese dar un paso máis ambicioso cara a unha educación máis equitativa e inclusiva, a través da  gamificación. 

Para levar a cabo o proxecto satisfactoriamente faremos unha formación que nos permita contribuír nun primeiro momento, á mellora das capacidades do profesorado participante e do resto de profesores do centro en  gamificación educativa. Ao mesmo tempo, os alumnos beneficiaranse dunha mellora na calidade da educación recibida, moito máis  motivadora e significativa.

A maiores das mobilidades de formación para os docentes e a aplicación das aprendizaxes no aula, a concesión dos proxectos europeos Erasmus+, xunto co anterior proxecto "Trilingual: Lectura en acción" tamén significou para o centro a constitución dun grupo de traballo vinculado ao CFR da Coruña, onde traballaremos na creación de materiais relacionados coa lectura en lingua inglesa, galega e castelá para axudar ao alumnado a vivenciar as lecturas dun modo máis motivador e a preparación de actividades dinámicas de animación á lectura.

Entrevista Erasmus+ by Radio Voz


10:12 minutes (9.34 MB)

 

O pasado venres 8 de novembro as nosas compañeiras Patricia, María e Vanessa foron entrevistadas en Radio Voz para falar sobre os proxectos Erasmus+ nos que está a participar o centro.

Ademais conectaron en directo co mestre Manuel que está a realizar un dos cursos de formacion en Irlanda.

Podedes escoitalo no enlace superior (dende o Ordenador) ou descargalo audio debaixo da Foto(dende o móbil)

 

PROXECTO TRILINGÜE ERASMUS+

eramus

O Departamento de Inglés comprácese en comunicarvos que o  noso proxecto TRILINGUAL: LECTURA EN ACCIÓN foi seleccionado polo SEPIE, concedéndonos un total de 12 mobilidades. Neste caso, o proxecto está enfocado á mellora da competencia lectora nas dúas linguas oficiais, galego e castelán, e en inglés.
Do mesmo xeito, ao CEFORE, co seu proxecto INTEGRACIÓN DE LAS COMPETENCIAS EMOCIONALES EN EL SISTEMA EDUCATIVO adxudicáronselle 28 mobilidades, das cales aproximadamente corresponderán 6 para o noso centro.

 

ABRINDO LIBROS, ABRINDO MENTES. Proxecto Erasmus+ KA101

logo_erasmus

        O CEIP Fogar, consciente da realidade multilingüística e multicultural da educación en Europa, decide volcarse no fomento do plurilingüismo desde idades temperás. Deste xeito realízanse no centro diversas actividades para o uso e normalización da lingua galega, castelá e inglesa.

       Respecto á  esta última lingua, o inglés, o centro adoptou varias medidas que contribúen a unha maior utilización da lingua estranxeira por parte do alumnado e profesorado: introdución, no ano 2008, de seccións bilingües en terceiro de educación primaria, participación no programa de auxiliares de conversa da Xunta de Galicia desde o ano 2011 e participación como centro de acollida no programa de Estancias Profesionais do Ministerio de Educación desde o curso 2016/17.

      Ademais destas medidas positivas, durante o curso 2016/17 comézase a perfilar no centro un proxecto de potenciación das linguas estranxeiras en idades temperás baseado no achegamento do inglés a través de historias e contos. Nace así o proxecto lector “Abrindo libros, abrindo mentes” que, posteriormente, é seleccionado polo Servicio Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) no ano 2018.

         Como resultado desta selección, o CEIP Fogar consegue unha subvención Erasmus+ que lle permite aoseu profesorado realizar 10 mobilidades a países da Unión Europea coa finalidade de:

 - formarse en aspectos metodolóxicos relacionados coa ensinanza de linguas a través de formas literarias.

- mellorar na utilización de ferramentas dixitais aplicadas á narración de contos.

- coñecer modelos de actuación para a inclusión no proxecto lector do alumnado con necesidades educativas especiais.

- intercambiar experiencias e establecer relacións con profesorado doutros centros europeos.

    Trala realización das actividades formativas en Reino Unido, Italia e Grecia, o centro arranca definitivamente o proxecto lector en lingua inglesa nos cursos de 1º e 2º de Educación Primaria para, gradualmente, ir estenendo o proxectoaos diferentes niveis educativos.

foto_grupo_erasmus

Distribuir contido


by Dr. Radut