Skip to Content

ERASMUS+ GAMIFICACIÓN EDUCATIVA

 

O noso proxecto "GAMIFICACIÓN EDUCATIVA: MOTIVACIÓN E INCLUSIÓN" foi seleccionado dentro dos Proxectos Europeos de Educación Escolar Erasmus+ KA101, para desenvolver nos cursos 2020-2022.

Este proxecto xorde a partir dunha inquietude constante por parte do profesorado, de como incentivar a motivación no alumnado e espertar así a adquisición de aprendizaxes dunha forma máis significativa. Preténdese dar un paso máis ambicioso cara a unha educación máis equitativa e inclusiva, a través da  gamificación. 

Para levar a cabo o proxecto satisfactoriamente faremos unha formación que nos permita contribuír nun primeiro momento, á mellora das capacidades do profesorado participante e do resto de profesores do centro en  gamificación educativa. Ao mesmo tempo, os alumnos beneficiaranse dunha mellora na calidade da educación recibida, moito máis  motivadora e significativa.

A maiores das mobilidades de formación para os docentes e a aplicación das aprendizaxes no aula, a concesión dos proxectos europeos Erasmus+, xunto co anterior proxecto "Trilingual: Lectura en acción" tamén significou para o centro a constitución dun grupo de traballo vinculado ao CFR da Coruña, onde traballaremos na creación de materiais relacionados coa lectura en lingua inglesa, galega e castelá para axudar ao alumnado a vivenciar as lecturas dun modo máis motivador e a preparación de actividades dinámicas de animación á lectura.



page | by Dr. Radut