Skip to Content

Be in the game boat (2ºA,2ºB)

buscando casa / Musical chairs dance

Durante o mes de Xaneiro, os rapaces e rapazas de segundo A e de segundo B xogaron a "buscando casa", "buscando cadeira" ou  "musical chairs game" como se lle chama nese proxecto.

Aquí tedes un vídeo onde podedes ver ao alumnado destas clases.

 

 

retos decembro

                                     

RETOS DO MES DE DECEMBRO  

Clicando nos carnés dabaixo poderás acceder aos vídeos dos estudantes de 2º A e 2ºB durante as sesións de educación física intentando os retos. 

       

               Preme na foto para ver o video de 2ºA .                                            Preme na foto para ver o video de 2ºB       

 

Felices festas para todos                                                                                        

Axuda!!! Animais perdidos

PROXECTO LECTOR

2º A e 2ºB

 

 

 

 Pídovos a vosa colaboración para conseguir atopar catro animais que se perderon. Os seus donos están desesperados e necesitan que os axuden tódolos rapaces que poidan, dá igual de que clase sexan.

Os animais, son estes:

 

Para lograr o obxecctivo, tedes que premer na imaxe de abaixo e usar o ZOOM do voso móbil, tablet ou ordenador. 

 

 

Se os encontrades, avisádeme mañá no colexio para poder avisar aos seu donos. 

Ah, olvidábaseme. Se levas moito tempo buscando e xa estás desesperado, podes clicar na imaxe de abaixo. Din que está a solución, pero só se pode utilizar se vos resulta imposible conseguir o reto.

                    

Un abrazo nenos e nenas.

 

 

  

 

:) 

Se che foi moi doado podes axudar aos rapaces de 1ºA e 1ºC a buscar estes catro animais na imaxe do monstro verde.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfogarcarballo/taxonomy/term/548 

 

eTwinning_"The whirlwind challenge"_2ºA e 2ºB

 

ETWINNING: BE IN THE GAME BOAT 

 " THE WHIRLWIND CHALLENGE"

"O RETO DO REMUÍÑO"

Durante o mes de novembro estivemos intentando conseguir varios desafíos: facer un disco voador con pratos de papel, xogar ao tres en raia e finalmente: o reto do remuíño.

Neste reto, mentres dous estudantes dan á corda outros entran, dan un salto e logo saen. Deixámosvos uns vídeos onde poderedes ver o ben que traballamos.

Primeiro, empezamos saltando "A barca" para que os escolares se acostumaran ao ritmo de salto. Preme no botón para ver o vídeo

 

 

 

Despois, estiveron saltando sen entrar. Preme no botón para ver o vídeo.

 

 

A continuación, intentamos aprender cal é o lado bo e o lado malo cando se xoga á comba. Tamén probamos a ser un pouco  "Indiana Jones". Dous estudantes dan á corda e os outros intentan pasar por debaixo sin que lle toque a mesma.

 

 

Finalmente, intentamos o desafío do remuíño.

Se queres ver o vídeo completo preme na imaxe de abaixo.

 

 

Disfrutade do que queda de fin de semana. 

 

Comezamos o proxecto eTwinning: Be in the game boat

 

COMEZAMOS O PROXECTO ETWINNING

" BE IN THE GAME BOAT "

 

Preme na imaxe para ver a introducción

 

Claro que o conseguimos: Mira as imaxes que o demostran

 

 

Durante o presente curso escolar na área de educación física xunto coa colaboración das titoras dos cursos 2ºA e 2ºB, vaise participar nun proxecto eTwinning

O proxecto eTwinning no que participaremos consiste en realizar unha serie de tarefas e xogos nas sesión de educación física, nalgunha das horas do proxecto lector e tamén nalgunha sesión na clase coas titoras dos estudantes.  Estas actividades tamén as van realizar outros colexios tanto de España como do estranxeiro. Posteriormente, a través da plataforma eTwinning, e utilizando algunhas aplicacións, farase unha posta en común entre os diferentes centros que participan no proxecto. 

 

 

PRIMEIROS PASOS

 

O primeiro que se fixo foi crear un póster por parte de cada colexio participante. Este é o do colexio Fogar.

 

 

 

 

A continuación déronse a coñecer aos escolares os retos para o mes de novembro. No noso caso, creamos un póster para que o alumnado poida marcar como CONSEGUIDO cada reto. Dito póster está nas aulas dos escolares e no pavillón.

 

 

 

 

COMEZAMOS COS RETOS

 

O primeiro Challenge que nos propuxemos conquerir foi o de xogar a tres en raia. Pero como nos parecía pouco, dende o noso colexio nos propuxemos facer o KIT completo: taboleiros e fichas para xogar.

Fixemos un tutorial que compartimos cos demais membros do proxecto e nos puxemos a traballar. Premendo na imaxe poderás acceder ao titorial, está en inglés, pois é o idioma no que se relacionan os participantes entre si.

 

 

 Se queredes intentalo, podedes descargar as plantillas nestes enlaces:

 

 

                                              

 

 

2 taboleiros en cada documento DinA4         4 taboleiros en cada documento Dina4

 

 

 O segundo reto que intentamos foi: facer un disco voador con dous pratos de papel e posteriormente xogar con él.

 

Deixámosvos algunhas imaxes para que comprobedes que conquerimos os dous retos. Máis adiante, subiremos máis imaxes e algún vídeo.

 

   

 

 

 

 

                                                     

 

 

 

seguirá   Guay Guay Risa

 

 

 

 

 

                              

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut