Skip to Content

eTwinning_"The whirlwind challenge"_2ºA e 2ºB

 

ETWINNING: BE IN THE GAME BOAT 

 " THE WHIRLWIND CHALLENGE"

"O RETO DO REMUÍÑO"

Durante o mes de novembro estivemos intentando conseguir varios desafíos: facer un disco voador con pratos de papel, xogar ao tres en raia e finalmente: o reto do remuíño.

Neste reto, mentres dous estudantes dan á corda outros entran, dan un salto e logo saen. Deixámosvos uns vídeos onde poderedes ver o ben que traballamos.

Primeiro, empezamos saltando "A barca" para que os escolares se acostumaran ao ritmo de salto. Preme no botón para ver o vídeo

 

 

 

Despois, estiveron saltando sen entrar. Preme no botón para ver o vídeo.

 

 

A continuación, intentamos aprender cal é o lado bo e o lado malo cando se xoga á comba. Tamén probamos a ser un pouco  "Indiana Jones". Dous estudantes dan á corda e os outros intentan pasar por debaixo sin que lle toque a mesma.

 

 

Finalmente, intentamos o desafío do remuíño.

Se queres ver o vídeo completo preme na imaxe de abaixo.

 

 

Disfrutade do que queda de fin de semana. 

 



page | by Dr. Radut