Skip to Content

Comezamos o proxecto eTwinning: Be in the game boat

 

COMEZAMOS O PROXECTO ETWINNING

" BE IN THE GAME BOAT "

 

Preme na imaxe para ver a introducción

 

Claro que o conseguimos: Mira as imaxes que o demostran

 

 

Durante o presente curso escolar na área de educación física xunto coa colaboración das titoras dos cursos 2ºA e 2ºB, vaise participar nun proxecto eTwinning

O proxecto eTwinning no que participaremos consiste en realizar unha serie de tarefas e xogos nas sesión de educación física, nalgunha das horas do proxecto lector e tamén nalgunha sesión na clase coas titoras dos estudantes.  Estas actividades tamén as van realizar outros colexios tanto de España como do estranxeiro. Posteriormente, a través da plataforma eTwinning, e utilizando algunhas aplicacións, farase unha posta en común entre os diferentes centros que participan no proxecto. 

 

 

PRIMEIROS PASOS

 

O primeiro que se fixo foi crear un póster por parte de cada colexio participante. Este é o do colexio Fogar.

 

 

 

 

A continuación déronse a coñecer aos escolares os retos para o mes de novembro. No noso caso, creamos un póster para que o alumnado poida marcar como CONSEGUIDO cada reto. Dito póster está nas aulas dos escolares e no pavillón.

 

 

 

 

COMEZAMOS COS RETOS

 

O primeiro Challenge que nos propuxemos conquerir foi o de xogar a tres en raia. Pero como nos parecía pouco, dende o noso colexio nos propuxemos facer o KIT completo: taboleiros e fichas para xogar.

Fixemos un tutorial que compartimos cos demais membros do proxecto e nos puxemos a traballar. Premendo na imaxe poderás acceder ao titorial, está en inglés, pois é o idioma no que se relacionan os participantes entre si.

 

 

 Se queredes intentalo, podedes descargar as plantillas nestes enlaces:

 

 

                                              

 

 

2 taboleiros en cada documento DinA4         4 taboleiros en cada documento Dina4

 

 

 O segundo reto que intentamos foi: facer un disco voador con dous pratos de papel e posteriormente xogar con él.

 

Deixámosvos algunhas imaxes para que comprobedes que conquerimos os dous retos. Máis adiante, subiremos máis imaxes e algún vídeo.

 

   

 

 

 

 

                                                     

 

 

 

seguirá   Guay Guay Risa

 

 

 

 

 

                              

 

 



page | by Dr. Radut