Skip to Content

ABRINDO LIBROS, ABRINDO MENTES. Proxecto Erasmus+ KA101

logo_erasmus

        O CEIP Fogar, consciente da realidade multilingüística e multicultural da educación en Europa, decide volcarse no fomento do plurilingüismo desde idades temperás. Deste xeito realízanse no centro diversas actividades para o uso e normalización da lingua galega, castelá e inglesa.

       Respecto á  esta última lingua, o inglés, o centro adoptou varias medidas que contribúen a unha maior utilización da lingua estranxeira por parte do alumnado e profesorado: introdución, no ano 2008, de seccións bilingües en terceiro de educación primaria, participación no programa de auxiliares de conversa da Xunta de Galicia desde o ano 2011 e participación como centro de acollida no programa de Estancias Profesionais do Ministerio de Educación desde o curso 2016/17.

      Ademais destas medidas positivas, durante o curso 2016/17 comézase a perfilar no centro un proxecto de potenciación das linguas estranxeiras en idades temperás baseado no achegamento do inglés a través de historias e contos. Nace así o proxecto lector “Abrindo libros, abrindo mentes” que, posteriormente, é seleccionado polo Servicio Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) no ano 2018.

         Como resultado desta selección, o CEIP Fogar consegue unha subvención Erasmus+ que lle permite aoseu profesorado realizar 10 mobilidades a países da Unión Europea coa finalidade de:

 - formarse en aspectos metodolóxicos relacionados coa ensinanza de linguas a través de formas literarias.

- mellorar na utilización de ferramentas dixitais aplicadas á narración de contos.

- coñecer modelos de actuación para a inclusión no proxecto lector do alumnado con necesidades educativas especiais.

- intercambiar experiencias e establecer relacións con profesorado doutros centros europeos.

    Trala realización das actividades formativas en Reino Unido, Italia e Grecia, o centro arranca definitivamente o proxecto lector en lingua inglesa nos cursos de 1º e 2º de Educación Primaria para, gradualmente, ir estenendo o proxectoaos diferentes niveis educativos.

foto_grupo_erasmus



page | by Dr. Radut