O 20 de abril deixou de ser obrigatorio o uso da máscara en interiores, como xa se fixera cos exteriores. De todas maneiras a Consellería de Sanidade fixo pública a recomendación de uso da máscara no interior dos centros educativos, por prudencia (aulas numerosas e algunas con pouca ventilación existencia de persoas vulnerables, asistencia a clase de positivos, etc...)
A falta dun comunicado oficial, consideramos que esta recomendación do uso de máscara no interior do centro, xunto coas outras medidas do protocolo COVID que seguen vixentes (distancia, ventilación, hixiene), pode axudar a evitar novos contaxios. En todo caso, o Centro respectará a decisión que tome cada familia.
Lembramos que si deberán levar máscara os que presenten síntomas compatibles co COVID, os casos positivos e os contactos estreitos dos positivos durante dez días. Tamén é obrigatoria no transporte escolar.
Poden consultar as Directrices sobre o uso da máscaras no ámbito educativo pulsando aqui.
Agradecemos a comprensión de todos/as e a súa colaboración en todo momento.
O EQUIPO DIRECTIVO