Skip to Content

Letras Galegas

Representación "Coa ledicia de voltar"

"COA LEDICIA DE VOLTAR"

O 21 de xuño tivo lugar na biblioteca do noso colexio a representación do espectáculo "Coa ledicia de voltar", realizado polo autor noiés Serafín Marcos para difundir entre as novas xeracións a vida e obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Houbo tres representacións duns 50´ cada unha.

 

No espectáculo ‘Coa ledicia de voltar’ Serafín Marcos fixo un percorrido pola vida do autor a través da súa poesía levando ás persoas asistentes dende o Valdeorras natal ata México co humor característico das súas montaxes. 

O evento parte dun verso tomado dunha obra de Delgado Gurriarán e pretende descubrir a traxectoria que fai ao escritor ser merecedor do recoñecemento das Letras Galegas deste ano. Será unha “viaxe de volta ao seu Córgomo natal revivindo a travesía marítima de fuxida no Ipanema e gozando pausadamente da natureza valdeorresa, un relato dinámico e participativo no que os versos de Florencio cobran vida”, explicou o autor noiés.

VER FOTOGRAFÍAS DESTE EVENTO

Mural de Florencio Delgado Gurriarán

O alumnado de 6º curso de primaria elaborou un macromural en tea sobre Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2022.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut