Skip to Content

EDLG

EDLG 2023-2024

 

Constituído formalmente no mes de setembro do 2023, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega para o  curso escolar 2023-2024 quedou composto polos/as  seguintes mestres/as:

 

  • Antonio Francisco Castaño Bouzas - Mestre Especialista en Inglés. (Coordinador)
  • Débora Rechou García - Mestra Educación Infantil
  • Natalia Sánchez Martínez - Mestra Audición e Linguaxe
  • Pascual Fernández Martínez- Titor en sexto de Educación Primaria.

 

OBXECTIVOS XERAIS

Potenciar o uso do galego en todo tipo de actividades dalgunha maneira vinculadas ao centro e ao contorno.

Conseguir unha mellora significativa na competencia lingüística e unha valoración positiva do uso da lingua entre os membros da comunidade educativa.

Implicar activamente a toda a comunidade escolar, en especial ao alumnado, na difusión da nosa cultura tentando achegar ao noso centro calquera actividade que poida contribuír a un recoñecemento da nosa identidade como pobo.

Contribuír á dinamización lingüística do contexto ou contorno.

Informar ó profesorado das normas e leis que regulan o uso do galego no ensino. 

Proporcionar á Comunidade Educativa o material necesario para o desenvolvemento e o emprego da Lingua Galega.

Manter informado ó profesorado das novidades editoriais 

Distribuir contido


by Dr. Radut