Skip to Content

Festa dos Maios

FESTA DOS MAIOS

O xoves 16 de maio celebramos por primeira vez no noso colexio a Festa dos Maios. Esta festa ten lugar entre finais do mes de abril e mediados do mes de maio para despedir o tempo de inverno e dar a benvida á primavera.

Celebramos esta festa cantando coplas á primavera e á chegada do bo tempo e tamén danzando arredor do noso maio, situado no patio do colexio, e que estaba cuberto con xestas e adornado con flores silvestres, como fiuncho, laranxas, cornetas, espadañas, etc… No chan do patio tamén tiñamos un fermoso e vistoso maio circular realizado polo noso alumnado de infantil.

Tamén queremos dar as grazas a todos os nenos e nenas de infantil e primaria que colaboraron traendo da casa flores para adornar o noso maio.

Distribuir contido


by Dr. Radut