O tema do entroido deste ano foi as Olimpiadas, deste xetio convertemos o cole nun Vila Olímpica.
Comezamos a cerimonia de apertura co desfile do alumnado de primeiro de primaria que son os abandeirados e portadores o lume olímpico, os aros que simbolizan a unión dos cinco continentes e a mascota destes xogos: LEOPOLBO.
Admirados e sorprendidos quedamos do estilo e sutileza coa que desfilaron os xinetes e amazonas de infantil de 3 anos A
Curtidos en mil ximnasios e tras horas e horas de suor e adestramento chegan ante vós os forzudos de infantil de 3 anos B que pratican a halterofilia.
Esforzo, superación, fatiga… a dureza e ao mesmo tempo a beleza do ciclismo poidémola ver reflectida no alumnado de infantil de 4 anos A.
As nenoas e nenos de infantil de 4 anos B deslizáronse, en tablas de snowboard, sobre a neve a gran velocidade.
Estilo, precisión, movementos perfectos, son cualificativos que definen perfectamente aos atletas de infantil de 5 anos A que nos deleitaron cun combate de esgrima.
Non habería uns xogos olímpicos sen un equipo representando un deporte de altura, disto encargouse o equipo de baloncesto dos nosos deportistas de infantil de 5 anos B.
O alumnado de 2º de primaria mostrounos dúas disciplinas olímpicas coñecidas de maneria sobranceira.
Un equipo de fútbol que vai dar moito que falar nun futuro próximo.
Un equipo de ximnasia rítmica que nos deleitou coa sutileza dos seus movimentos.
Se hai un deporte que sexa duro que fai chegar aos que o pratican a límites insospeitados, chegando a correr o sangue é o boxeo, boa conta disto deron os nenos e nenas 3º de Educación Primaria.
Directamente chegados desde as augas da ría de Noia apareceron os competidores na disciplina de piragüismo e remo, o alumnado de cuarto de Primaria. Seguro que ben poderían competir coas universidades inglesas de Oxford e Cambrigde.
O equipo de natación sincronizada do alumnado de 5º de Primaria presentounoa dúas coreografías acuáticas.
Nos nosos xogos non podería faltar unha mostra de artes marciais chegadas de países do lonxano oriente. Deleitámonos coa exibición do alumnado de 6º de Educación Primaria.
A organización non quixo deixar pasar a ocasión de dar a coñecer e amosar unha disciplina deportiva que non por ir ao final é de menor importancia, senon todo o contrario. Sinónimo de esforzo, superación, constancia, tesón, tenacidade, firmeza… quedariámonos curtos para definir aos nosos surper atletas paralímpicos.
Chegado o momento da clausura esperamos que vos gustasen e que o pasarades, os que viñestes, tan ben como nós.