A solicitude para a axuda para libros para Educación Primaria comeza o día 2 de xuño ata o 2 de xullo. A orde que rixe estas axuda é a Orde de 30 de Maio de 2012 da Consellería de Educación que se publicou no DOG do 1 de Xuño. Poden descargar a Orde, a Instancia e os documentos a entregar desde estos enlaces:
A Fundación Otilia Millares convoca becas para nenos/as pobres e talentosos veciños de Noia e arredores para este curso académico. A data de entrega de solicitudes é o 31 de Maio. Podense entregar na secretaria do centro.
O vindeiro mércores 23 e xoves 24 de Maio de 2012 en todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia vaise realizar unha avaliación de diagnóstico para os nenos/as que cursan 4º de Primaria.
Este curso avaliase a competencia matemática, a competencia lingüística e a competencia e interacciónco mundo físico. Os datos da avaliación non se farán públicos a nivel individual, senón que será a nivel de centro e a nivel de Comunidade Autónoma. Asi mesmo os pais/nais deberedes cubrir un cuestionario que entregaredes nocentro por medio dos vosos fillos/as como data límite 28 de Maio de 2012.