O día 11 de novembro celebramos o San Martiño preparando unha exposición de buxainas no corredor da entrada do cole. Tamén celebramos o noso magosto degustando unhas exquisitas castañas asadas e xogando ao trompo. Aquí vos deixamos unhas presentacións fotográficas e un vídeo dos nenos/as tirando o trompo.