Skip to Content

Aula nas ondas

AULA NAS ONDAS

  • Que é Aula nas ondas?

Aula nas ondas é un proxecto en colaboración coa Concellería de Educación do Concello de Noia e con Radio Líder Noia. O obxectivo do proxecto é o de traballar a expresión oral en lingua galega mediante entrevistas a persoas recoñecidas dentro do ámbito cultural, deportivo e social da nosa contorna. Os propios alumnos/as seleccionarán ao entrevistado/a e prepararán a entrevista na aula para, posteriormente, entrevistar ao invitado nos estudios de Radio Líder Noia.

nda que participe a clase completa na preparación e elaboración da entrevista, só poderán acudir ao programa tres alumnos/as dun mesmo curso xunto co profesor/a máis o entrevistado/a en cada turno. O programa en directo será semanal (día por concretar e en horario matinal), e do noso centro poderán participar alumnos/ as dende 3º de primaria ata 6º de primaria. Este proxecto comezará a principios de novembro e rematará no mes de maio, no que, unha vez rematadas todas as entrevistas, celebrarase un acto de clausura do proxecto no Coliseo Noela.

  • Escoitar as entrevistas do noso alumnado
  1. Entrevista a Francisco Pérez Villanueva presidente do colectivo de mariscadores da a pé da cofradía de Noia, unha entrevista preciosa que che convidamos a escoitar. (entrevista realizada polo alumnado de 6º)
  2. Entrevista ao cineasta Luis Avilés realizada polo alumnado de 5º de primaria, moi ben preparada e que che invitamos a escoitar.
  3. Entrevista a José Antonio Blas Piñón realizada polo alumnado de 5ºA de primaria.
  4. Entrevista a Serafín Marcos, director do conservatorio de Noia, realizada polo alumnado de 6ºA.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut