Skip to Content

SERVIZO DE IMPRESIÓN DIXITAL

O Concello ofrece un servizo de impresión dixital para aquelas familias, MÁIS VULNERABLES, sen recursos, se alguén se atopa nesa situación, tería que avisar as titoras e titores que se encargarán de envialos ao correo que facilitou o concello, o concello fará o reparto semanalmente o martes.

INFORMACIÓN SOBRE A 2ª AVALIACIÓN

Debido o estado de alarma no que estamos, non podemos entregar os boletíns de cualificación da 2º avaliación de forma presencial. Para iso a Consellería de Educación manifesta que o fagamos por ABALARMÓBIL que é o soporte seguro para enviar información deste tipo. Para iso as familias deben descargalo nos seus móbiles (como unha aplicación máis, como o whatsapp ou facebook) e a páxina para facelo é o seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

Suspensión Proceso de Admisión

Suspendese o proceso de admisión, poden consultar mais información pulsando aqui

SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA

AVISO: 

 EN CUMPRIMENTO DO REAL DECRETO 463/2020, DE 14 DE MARZO, POLO QUE SE DECLARA O ESTADO DE ALARMA PARA A XESTIÓN DA SITUACIÓN DE CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19, ESTE CENTRO PERMANECERÁ PECHADO ATA O FIN DO PERÍODO DE VALIDEZ DO CITADO DECRETO.

PARA CONSULTAS OU ACLARACIÓNS A TRAVÉS DO NÚMERO DE TELÉFONO 881 866 170 EN HORARIO DE 10:00 A 13:00 E O CORREO ELECTRÓNICO ceip.felipe.castro@edu.xunta.es

 

Suspendese o proceso de admisión, poden consultar mais información pulsando aqui

 Calquera novidade nesta situación comunícarase por esta canle ou a través das aplicacións de mensaxería do centro.

 O Director

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021

A normativa que rexe o proceso de admisión é a orde do 12 de marzo de 2013 modificado pola orde do 25 de xaneiro de 2017.

O proceso de admisión poderase facer telematicamente a través da aplicación Admisión Alumnado da Consellería de Educación. Tamén se pode entregar coma sempre as solicitudes no propio centro.

Poden descargar a solicitude de admisión (Anexo II) pulsando aqui.

Poden consultar o Proxecto Educativo do Centro (PEC) pulsando aqui.

Poden consultar as vacantes ofertadas para o curso 2020-2021 pulsando aqui.

A documentación que teñen que achegar coa solicitude poden descargala aqui.

Tamén teñen que entregar a ficha de recollida de datos do centro.

O venres 28 de Febreiro de 16:00 a 18:00 h. hai visita guiada ao centro para os/as pais/nais que o desexen.

Distribuir contido


by Dr. Radut