Skip to Content

V CONCURSO DE CARICATURAS DE ROSALIA DE CASTRO (2020-21)

Podedes ver as fotos do V Concurso de caricaturas de Rosalia de Castro premendo na imaxe inferior

 

 

DÍA DE ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Pulsen aqui para ir a galeria de imaxes

 

TITORIAS POR ABALAR MÓBIL

No seguinte video explícase a maneira de xustificar as faltas de asistencia do alumnado a través da aplicación abalar móbil para as familias. Do mesmo xeito explica como solicitar titoria co profesorado do alumnado.

TITORIAL PARA ACCEDER A AULA VIRTUAL

No seguinte video aparece a explicación de como acceder a aula virtual do CEIP Felipe de Castro.

Titorial en Video

Titorial en PDF

 

AXUDAS PARA MASCARILLAS PARA O CURSO 2020/2021

A Consellería de Educación vai repartir mascarillas entre o alumnado matriculado en primaria. Vanas recibir directamente o alumnado beneficiario das axudas de material escolar. O alumnado que non solicitou a axuda de material escolar tendo dereito a ela pode entregar unha solicitude no colexio desde o 16 de novembro ata o 27 de novembro en horario de 9:30 a 10:30 ou de 12:30 a 13:30.

Alumnado destinatario:

  1. Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar neste curso (NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE)
  2. Alumnado que non foi beneficiario (por distintas razóns) e pertence a unha familia con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (PRESENTAR SOLICITUDE)
  3. Alumnado matriculado en EE, baixo tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65% (PRESENTAR SOLICITUDE)

Poden consultar a documentación desta axuda nos seguintes enlaces:

SO TEN QUE ENTREGAR A SOLICITUDE O ALUMNADO QUE NON SOLICITOU A AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR

CELEBRACIÓN DO DÍA DE SAMAÍN

Aqui podedes ver algunhas imaxes das portas terroríficas cas pelis que vimos no Samaín e o mural da entrada.

 


 

 

DÍA NON LECTIVO O 9 DE OUTUBRO

Recordamos ás familias que segundo se recolle no calendario escolar do curso 2020- 2021 (Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar do curso 20-21 (DOG. Nº 136 do xoves 9 de xullo de 2020) no seu Artigo 7, punto 2, o CEIP Felipe de Castro escolleu como día non lectivo o venres 9 de outubro de 2020, polo tanto o vindeiro venres 9 de outubro non haberá actividade lectiva e o colexio permanecerá pechado.

 

ORGANIZACIÓN DO PERIODO DE ADAPTACIÓN PARA 3 ANOS

Poden consultar a organización do periodo de adaptación para os alumnos/as de 3 anos pulsando aqui.

INCORPORACIÓN GRADUAL DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

O alumnado incorporarase gradualmente no curso 2020-2021:

  • O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantll,  1º, 2º e 3º curso de educación primarial e educación especial.
  • O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantl e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

Poden consultar a resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educatva pulsando aqui.

AXUDAS PARA MATERIAL E COMEDOR DO CONCELLO DE NOIA

O Concello de Noia convoca as axudas para adquisición de material e financiación do comedor para alumnos/as de infantil e primaria.

Podedes consutar as bases no BOP https://bit.ly/3jaMck5.

O prazo de 15 días ábrese o 17 de xullo.

Estas solicitudes de axudas tendes que entregalas no REXISTRO XERAL ou na SEDE ELECTRÓNICA do CONCELLO (non hai que entregalas no colexio)

Distribuir contido


by Dr. Radut