Skip to Content

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Restablecese o prazo  para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio e rematará o día 18 do mesmo mes. EXCLUSIVAMENTE PARA A REALIZACIÓN DESTE TRÁMITE, o  centro permanecerá aberto de luns a venres de 9:30 a 13:30 h.

Prégase a toda persona que se achegue ó Centro para a entrega de documentación cumpra coas medidas de seguridade e protección contra o Covid-19 establecidas pola Consellería de Sanidade.

Haberá novos prazos no proceso:

  • Presentación acreditativa dos criterios do baremo: ata o día 26 de maio (só se hai que baremar)
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño
  • Reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: antes do 26 de xuño
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 de xullo

Para saber a documentación que teñen que entregar pulsen aqui.

SERVIZO DE IMPRESIÓN DIXITAL

O Concello ofrece un servizo de impresión dixital para aquelas familias, MÁIS VULNERABLES, sen recursos, se alguén se atopa nesa situación, tería que avisar as titoras e titores que se encargarán de envialos ao correo que facilitou o concello, o concello fará o reparto semanalmente o martes.

INFORMACIÓN SOBRE A 2ª AVALIACIÓN

Debido o estado de alarma no que estamos, non podemos entregar os boletíns de cualificación da 2º avaliación de forma presencial. Para iso a Consellería de Educación manifesta que o fagamos por ABALARMÓBIL que é o soporte seguro para enviar información deste tipo. Para iso as familias deben descargalo nos seus móbiles (como unha aplicación máis, como o whatsapp ou facebook) e a páxina para facelo é o seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

Suspensión Proceso de Admisión

Suspendese o proceso de admisión, poden consultar mais información pulsando aqui

SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA

AVISO: 

 EN CUMPRIMENTO DO REAL DECRETO 463/2020, DE 14 DE MARZO, POLO QUE SE DECLARA O ESTADO DE ALARMA PARA A XESTIÓN DA SITUACIÓN DE CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19, ESTE CENTRO PERMANECERÁ PECHADO ATA O FIN DO PERÍODO DE VALIDEZ DO CITADO DECRETO.

PARA CONSULTAS OU ACLARACIÓNS A TRAVÉS DO NÚMERO DE TELÉFONO 881 866 170 EN HORARIO DE 10:00 A 13:00 E O CORREO ELECTRÓNICO ceip.felipe.castro@edu.xunta.es

 

Suspendese o proceso de admisión, poden consultar mais información pulsando aqui

 Calquera novidade nesta situación comunícarase por esta canle ou a través das aplicacións de mensaxería do centro.

 O Director

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021

A normativa que rexe o proceso de admisión é a orde do 12 de marzo de 2013 modificado pola orde do 25 de xaneiro de 2017.

O proceso de admisión poderase facer telematicamente a través da aplicación Admisión Alumnado da Consellería de Educación. Tamén se pode entregar coma sempre as solicitudes no propio centro.

Poden descargar a solicitude de admisión (Anexo II) pulsando aqui.

Poden consultar o Proxecto Educativo do Centro (PEC) pulsando aqui.

Poden consultar as vacantes ofertadas para o curso 2020-2021 pulsando aqui.

A documentación que teñen que achegar coa solicitude poden descargala aqui.

Tamén teñen que entregar a ficha de recollida de datos do centro.

O venres 28 de Febreiro de 16:00 a 18:00 h. hai visita guiada ao centro para os/as pais/nais que o desexen.

IV CONCURSO DE CARICATURAS DE ROSALÍA DE CASTRO

IV Concurso de caricaturas de Rosalía

Festival de Entroido

Podedes pulsar na imaxe para ver o folleto de Entroido.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

A XORNADA DE PORTAS ABERTAS VAI SER O DÍA 28 DE FEBREIRO DE 16:00 h. A 18:00 h.

 

CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

Hoxe venres 17 de xaneiro o alumnado do CEIP Felipe de Castro participa no campionato intercomarcal do campo a través cos seguintes equipos que se clasificaron na fase previa:

Equipo benxamín femenino (6 nenas de 3º de Primaria)

Benxamín masculino (2 nenos de 3º de Primaria)

Equipo infantil feminino (6 nenas de 6º de Primaria)

As distintas probas realizaranse no estadio Julio Mato - Matito de Noia en horario de 11:30 a 13:00 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut