Skip to Content

Reunións iniciais

ENTRADAS E SAÍDAS

Recollida de material

Reunión Familias 3 anos

O MATERIAL XA SE ENTREGA NA REUNIÓN

Bolsas municipais de comedor curso 22-23

O 11 de xullo de 2022 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe provisional de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2022-2023. Pódense consultar en:

 

-         

Taboleiro de edictos

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica;jsessionid=DB03E1E0FAFFEE3F7C24BB2F1A516520?method=view&id=16078

-         

Páxina web de servizos sociais

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/detalle-contenido/concesion-de-becas-comedor-curso-22-23-propuesta-provisional/suceso/1453806145491

 

-         

Taboleiros dos centros cívicos municipais

 

Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial e ao número de expediente asignado.

 

O prazo para a presentación das alegacións é de 10 días hábiles, do 12 ao 26 de xullo de 2022, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

CONCERTO CORO DAS EMOCIÓNS.

Parabéns ao alumnado participante no "Coro das Emocións" polo seu traballo que fixo posible este marabilloso concerto en colaboración co IES Monte das Moas. Grazas por emocionarnos coa música!

Aquí podedes ver todo o concerto.

 

Ata stembro

Despedimos o PDI Mergúllate e o curso con estes divertidos posados. Fotos 

ata setembro de Aurora Candal

RESUMO DO TRABALLO FEITO POLA ESCOLA VERDE

Aquí presentamos un vídeo resumo da maioría das actividades desenvoltas este curso pola ESCOLA VERDE, gracias á colaboración de toda a comunidade educativa.

 

Interactuamos nos recantos

"Cando as familias lles preguntan aos seus fillos e fillas que fixeron no colexio, a resposta é unánime: «Estivemos nos recantos». «Pero que é un recanto?», pregúntanme nas xuntanzas e titorías. Pola emoción na resposta da rapazada, axiña entenden que non é un lugar onde está almacenado un determinado material ao que acoden xogar cando rematan a ficha. Na nosa clase, un recanto é un espazo de interacción e intercambio de hipóteses entre un grupo reducido de nenos e nenas cuns fins determinados"...

Así comeza o artigo da profe Mar na revista eduga, moi interesante que podes seguir lendo eduga.

Visita a Betanzos do alumnado de 5º de primaria.

O alumnado de 5º curso de educación primaria viaxou a Betanzos o pasado martes 14 de xuño onde visitaron o Museo das Mariñas e fixeron unha visita guiada polo casco histórico da "cidade" que segundo aprendimos na visita é un título que xa foi concedido no ano 1465 polo que daquela era rei Enrique IV.

Podedes ver unha escolma de imáxenes da visita nesta galería:

Distribuir contido


by Dr. Radut