Skip to Content

Colectivas

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE (3 de Decembro)

Con motivo do Día Internacional das persoas con Discapacidade o colexio quixo unirse á campaña de sensibilización #baixoomesmoparaugas para concienciar á sociedade de que todos somos iguais e remamos todos na mesma dirección.

 

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25/11/19)

O luns 25 de Novembro celebramos no centro o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Todos xuntos no patio cantamos a canción "Dependen de los 2" co lema "Non é Non".

A finalidade de todo é previr a violencia contra as mulleres desde idades escolares, sensibilizando á comunidade educativa acerca das causas e as consecuencias da violencia exercida cara ás mulleres. Para iso debemos:

  • Traballar para deconstruir roles e estereotipos sexistas que fundamentan o machismo.
  • Reflexionar mediante exemplos de anuncios, vídeos, frases, debuxos... sobre os micromachismos que están no día a día de nenos e nenas.
  • Analizar as diferentes formas de violencia de xénero. 
  • Visibilizar a violencia de xénero como un problema social. Todas e todos podemos contribuír para erradicala. O noso silencio fainos cómplices.
  • Sensibilizar para conseguir hábitos de xogos non violentos nin sexistas.
  • Informar á comunidade escolar, alumnado, profesorado e familias ...

 

II CARREIRA SOLIDARIA POLA INFANCIA

Álbum: 2.1 Conmemoracións /celebracións e otras actividades -> II CARREIRA SOLIDARIA POLA INFANCIA

Grazas a todas as familias pola vosa colabración. Esta é a resposta da ONG, "SAVE THE CHILDREN", unha vez feito o ingreso no día de onte.

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E DO SAMAÍN (30 de Outubro)

Álbum: 2.1 Conmemoracións /celebracións e otras actividades -> SAMAÍN-MAGOSTO
Distribuir contido


by Dr. Radut