Aos nenos/as do colexio, tras estes meses complicados para todos/as, querémosvos dar as grazas por participar e colaborar con todo aquilo que propuxemos con todas as nosas ganas e ilusión.
O día 9 de Maio celébrase o "Día de Europa" e queremos lembralo propoñendo un novo reto ( en Retos: RETO 10) que tedes na marxen dereita da páxina web.
Hoxe celébrase o Día Internacional da Danza e a mellor forma para celebrar este día é simplemente bailando. Gozar da danza e a música coas nosas familias. Tentemos bailar algo que xamais practicamos: salsa, rumba, tango, chachachá, hip hop,... Celebremos o baile con alegría.
Busquemos vídeos ou películas relacionadas con ballet e vexámola en familia ou deixemos que os máis pequenos prepárennos un bo espectáculo. En fin, compartamos e expresémonos a través do baile. E non esquezas compartir a túa experiencia connosco. O reto 9 tédelo no lateral dereito da Web en RETOS.