Skip to Content

Colectivas

FESTIVAL DE NADAL

Álbum: 1.1 Conmemoracións /celebracións e otras actividades -> FESTIVAL DE NADAL

Este ano, como todos os anos, as nenas e nenos do cole preparamos con ilusión o día do festival de Nadal. Cantamos, bailamos, …divertímonos moito!

Tivemos a actuación de Mero e Manuel Dopico, que nos fixeron bailar e cantar panxoliñas de Nadal.

Para rematar este día, recibimos a visita dos Reis Magos, que nos deixaron un pequeno agasallo.

Foi unha mañá chea de emoción e diversión.

OBRA DE TEATRO "CHOCOLATE"

Álbum: 1.1 Conmemoracións /celebracións e otras actividades -> OBRA DE TEATRO: "CHOCOLATE"

O pasado 18 de decembro, todo o colexio asistiu a obra de teatro titulada “CHOCOLATE”. Trátase dunha actividade que mestura a narración oral coa posta en escena teatral. Tomando como protagonistas as personaxes de Antón e Tomasa, un cociñeiro e unha pasteleira aos que lles encanta cociñar un montón de aventuras. Esta actividade conta cunha segunda parte, na que se leva a cabo un obradoiro de cociña "brochetas de froitas con chocolate fondue" Na que se procura a participación das nenas e nenos. 

Mentres se realizaba en pequenos grupos o obradoiro de cociña os demáis alumnos/as asistiron a diferentes obradoiros : maquillaxe, contacontos, carné da biblioteca pública,…realizados polos diferentes mestres do centro.

A obra foi organizada pola ANPA en colaboración co colexio, no local cedido polo concello e cofinanciada pola Deputación da Coruña.

 

PASÁMOLO XENIAL!!!!

BO NADAL!!!

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE (3 de Decembro)

Con motivo do Día Internacional das persoas con Discapacidade o colexio quixo unirse á campaña de sensibilización #baixoomesmoparaugas para concienciar á sociedade de que todos somos iguais e remamos todos na mesma dirección.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut