Hoxe vimos a contarvos unhas cantas novas relacionadas coa biblioteca.Durante o primeiro trimestre fomos realizando diferentes tarefas dende este espazo do centro. Así, posibilitáronse préstamos de libros ás aulas para enriquecer as bibliotecas de aula, elaboráronse os carnets do lector para o alumnado que comezou a etapa de primaria, coordinaronse algunhas actividades a nivel de centro e adquirironse novos fondos para que a nosa biblioteca non deixe de medrar.
Dentro do apartado de “INCLUSIÓN” tivemos o pracer de adquirir algúns dos títulos que veredes a continuación:

Tamén recibimos un presuposto para invertir en “IGUALDADE” e así seguir educando ao noso alumnado neste punto tan importante para a sociedade:

Por outra banda, recibimos tamén unha partida para invertir na tenda “O faro dos tres mundos”. Desta volta, deciciuse realizar unha división por cursos e mercar uns cantos títulos adaptados a cada idade (infantil, 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º)
