Skip to Content

Novas

ROSALÍA DE CASTRO (24 de Febreiro)

Álbum: 1.1 Conmemoracións /celebracións e otras actividades -> ROSALÍA DE CASTRO

Desde o EDLG quixemos lembrar a Rosalía de Castro para conmemorar o 182 aniversario do seu nacemento, o 24 de  febreiro. Ademais de ser a escritora máis representativa e reivindicativa de Galicia pola súa defensa do pobo  galego e da súa lingua, tamén foi a voz da denuncia da marxinación do sexo feminino. Foi pioneira do feminismo literario en España, xa que a súa preocupación constante pola condición feminina impregnou a súa obra.

Xunto con Rosalía, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán foron as precursoras galegas da loita da muller no século XIX, tres grandes galegas implicadas na defensa da "igualdade", tres grandes mulleres dignas de homenaxear o día 8 de marzo.

 

CELEBRANDO O NADAL

 

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, co gallo do Nadal, editouse un libro titulado Cantando e bailando celebramos o Nadal, onde se recopilaron panxoliñas, cantos de Reis...aportados por todo o alumnado.

Tamén se recolleron as cartas para enviar a Papá Noel e aos Reis Magos.

 

OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS DO MUNDO

 

Estos son os cómics que realizamos os alumnos e alumnas do noso colexio sobre os "Dereitos da Infancia" para expoñer no noso recuncho da lingua durante o mes de novembro.

Cada clase representou colectivamente un dereito que podedes ver escrito enriba dos debuxos.

Agardamos que algún día a todos os nenos e nenas do mundo se lles respecten os seus dereitos!!!

RELATOS DE MEDO

Co gallo do Samaín e relacionado co proxecto do mar, o alumnado de 3º a 6º inventou relatos de medo, e de cada curso seleccionaron eles mesmos dous.

Os nenos e nenas de 1º e 2º presentaron un relato colectivo e os de Educación Infantil realizaron o seu traballo a través de debuxos.

Vaia escritores e pintores que temos neste cole!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut