Skip to Content

Actividades telemáticas

INSTRUCIÓNS ACTIVIDADES TELEMÁTICAS

Estimadas familias:

A partir desta semana deberedes de adxuntar algunha das actividades programadas aos correos electrónicos d@s titoras/es e especialistas que vos especificarán nas devanditas programacións.

A continuación, especifícanse os pasos para adxuntar un ficheiro, neste caso unha foto das actividades/pdf..., ao correo electrónico:

  1. Abre a aplicación de correo electrónico.
  2. Escribe o correo electrónico do destinatario en “Para:”
  3. Pon un Título en “Asunto":
  4. Redacta unha mensaxe nova
  5. Pulsa o botón "Adjuntar"
  6. Atopa as fotos/arquivos que queiras adxuntar.
  7. Selecciona as fotos que queiras adxuntar.
  8. Remata de redactar a túa mensaxe.
  9.  Envía a mensaxe.

 

 Aínda así, se tedes dificultades, poñédevos en contacto coa vos@ titor/a.

 

Un saúdo,

O equipo docente.

 

AS ACTIVIDADES TELEMÁTICAS E O NOVO RETO ESTÁN XA NA MARXEN DEREITA DA PÁXINA. ESTA SEMANA CELÉBRASE O "DÍA DO LIBRO" O NOVO RETO VAI DIRIXIDO A ESTA CELEBRACIÓN.

 

 

ACTIVIDADES TELEMÁTICAS

Debido a situación que se nos presenta, poñemos a vosa disposición actividades telemáticas a realizar co noso alumnado. A continuación podedes descargar a programación e actividades dos diferentes cursos a partir do luns 16 de marzo de 2020.

 

IMPORTANTE REVISAR CADA CERTO TEMPO XA QUE SE MODIFICARÁ E AMPLIARÁ CON ACTIVIDADES E RECURSOS.

Todos os profes estamos a facer un esforzo enorme estes días para manter a calidad do servizo nestes tempos de incerteza. Agradecemos moitísimo o voso apoio e pedímosvos de antemán desculpas se cometemos algún erro.

A continuación deixamos os correos electrónicos dos titores e especialistas, ao dispor de todas as familias, para consultar calquera dúbida que será respondida na maior brevidade posible. 

CORREOS ELECTRÓNICOS PROFESORADO.

As actividades (BARRA LATERAL DEREITA DA WEB POR CURSOS E ESPECIALISTAS) serán modificadas quincenalmente. As anteriores serán eliminadas por cuestión de organización, pero en caso necesario ninguén terá problema en volvervos a enviar as devanditas actividades.

Tamén dispoñedes de numerosos recursos na web que esperamos que vos sirvan de axuda para pasar estos días.

 

Un saúdo e todo vai saír ben.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut