Skip to Content

Colectivas

CELEBRANDO O ENTROIDO

Álbum: 2.1 Conmemoracións /celebracións e otras actividades -> ENTROIDO

O pasado 21 de febreiro, celebramos o festival do Entroido no cole.

Este ano aproveitando a temática do noso proxecto anual, "O MAR", cada curso elexiu un disfrace relacionado co tema e preparamos unha actuación por clase con baile incluído.

Pasámolo en grande, sobre todo co baile sorpresa que nos tiñan preparados os mestres!!!

Agradecer a todas as familias a colaboración.

 

 Deixámosvos a continuación algún deses bailes. Non todos por cuestión de protección de imaxe de algúns/as dos nosos/as alumnos/as. 

 

 

 

 

 

 

PROXECTO: "LA LAVADORA DE LAS EMOCIONES"

 

Lavamagic, "La lavadora de las emociones",é un proxecto social, o obxectivo é traballar a educación emocional nos  colexios. Aquí deixamos toda a información: FAI CLIC

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

Álbum: 2.1 Conmemoracións /celebracións e otras actividades -> DÍA DA PAZ

 

O xoves 30 de xaneiro, puxémonos mans á obra para celebrar este día tan importante de diferentes xeitos.

Os nenos e nenas de 6º de E.P preparamos con ilusión e cariño un contiño relacionado coa Paz e unha cantiga para os nenos e nenas da Escola Infantil “Galiña Azul”. Foi un momento máxico onde os rapaces “maiores” do cole deixamos as nosas pegadiñas nun mural que tiñan preparado para que quedase un recordo de todos. Moi ben o pasamos!!!

FAI CLIC PARA VER O VIDEO

 

Xa no cole, todos cantamos xuntos unha versión galega feita polo profe Xan da canción de John Lennon” Give peace a chance”.

Tamén construímos entre todos un mural relacionando este día con noso proxecto do cole “O mar”. Moito traballamos!!!

Foi un día especial, onde recordamos que non só hoxe debemos cooperar para conseguir un mundo mellor, senón que todos os días son o Día da Paz.

FESTIVAL DE NADAL

Álbum: 2.1 Conmemoracións /celebracións e otras actividades -> FESTIVAL DE NADAL

Este ano, como todos os anos, as nenas e nenos do cole preparamos con ilusión o día do festival de Nadal. Cantamos, bailamos, …divertímonos moito!

Tivemos a actuación de Mero e Manuel Dopico, que nos fixeron bailar e cantar panxoliñas de Nadal.

Para rematar este día, recibimos a visita dos Reis Magos, que nos deixaron un pequeno agasallo.

Foi unha mañá chea de emoción e diversión.

OBRA DE TEATRO "CHOCOLATE"

Álbum: 2.1 Conmemoracións /celebracións e otras actividades -> OBRA DE TEATRO: "CHOCOLATE"

O pasado 18 de decembro, todo o colexio asistiu a obra de teatro titulada “CHOCOLATE”. Trátase dunha actividade que mestura a narración oral coa posta en escena teatral. Tomando como protagonistas as personaxes de Antón e Tomasa, un cociñeiro e unha pasteleira aos que lles encanta cociñar un montón de aventuras. Esta actividade conta cunha segunda parte, na que se leva a cabo un obradoiro de cociña "brochetas de froitas con chocolate fondue" Na que se procura a participación das nenas e nenos. 

Mentres se realizaba en pequenos grupos o obradoiro de cociña os demáis alumnos/as asistiron a diferentes obradoiros : maquillaxe, contacontos, carné da biblioteca pública,…realizados polos diferentes mestres do centro.

A obra foi organizada pola ANPA en colaboración co colexio, no local cedido polo concello e cofinanciada pola Deputación da Coruña.

 

PASÁMOLO XENIAL!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut