Skip to Content

Colectivas

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ (30 Xaneiro2019)

Onte 30 de Xaneiro celebrouse no centro o Día Escolar da non Violencia e da Paz. As actividades programadas foron varias entre elas:

  • Durante unha semana todo o centro puxo da sua parte no mural da paz situado na entrada do centro. Tendo en conta o proxecto "Pequenos Pintores" o mural basouse nun cadro do pintor Keith Haring.
  • Canción " Xa  chegou ou día dá paz" de Pablo Díaz.
  • Posteriormente foto de todos os cursos no mural.
  • Actividades tamén nas titorías (pombas, debuxos, lemas,...)

 

(FAI CLIC NA IMAXE)

I CARREIRA DÍA DA INFANCIA (20 de Novembro 2018)

Con motivo da celebración do Día Mundial da Infancia, organizouse no colexio a primeira carreira solidadria.

A finalidade desta carreira foi recaudar comida, roupa e xoguetes para os nenos do pobo, a través de Caritas do Concello. A colaboración foi máxima, a cal agraedecemos a todas as familias.

Todos os nenos que participaron na carreira foron agasallados cunha pulseira co lema “ I CARREIRA DA INFANCIA- CEIP DE TEIXEIRO”.

 

AQUÍ TEDES O RESULTADO. GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA COLABORACIÓN

 

                                         

                                      

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E DO SAMAÍN (31 de octubre de 2018)

 

Con motivo da celebración do Magosto, o día 31 de Outubro todo o cole participou en diferentes actividades como xogos populares e merenda con castañas. 

(FAI CLICK  PARA VER A ACTIVIDADE)

 

Ademáis, durante toda a semana leváronse a cabo actividades relacionadas co Samaín.  A temática elixida, seguindo o proxecto do cole, “Pequenos pintores” , centrouse na obra  “ El grito” de Munch. As actividades foron as seguintes:

  • Concurso de relatos curtos partindo de dito cadro (os gañadores recibiron un agasallo).

  • Exposición de cadros personalizados. 

  • Elaboración con diferentes técnicas pictóricas, por parte dos nenos de Educación Infantil, do cadro nomeado.

(FAI CLICK  PARA VER A ACTIVIDADE)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut