Álbum: 1.1 Conmemoracións /celebracións e otras actividades -> III CARREIRA SOLIDARIA POLA INFANCIA
Con motivo da conmemoración do día da Infancia, no CEIP de Teixeiro quixemos poñer o noso gran de area por esta causa. Por iso, o 20 de novembro levamos a cabo a III CARREIRA SOLIDARIA POLA INFANCIA. Este ano, con motivo da pandemia, tivemos que modificar algunhas cousiñas, seguindo sempre o protocolo de prevención COVID, pero aínda así, os nenos e nenas do cole pasárono en grande, e participaron e contribuíron coa causa. Ademais, levaron un agasallo de recordo polo seu esforzo e a súa participación.
Cos cartos recadados, mercaremos unha serie de produtos que precisan na sede de Cáritas do concello e que ao longo desta semana se lles fará entrega. Colgaremos estes días os produtos mercados.
Pincha na imaxe para ver as fotos da carreira.