try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Xuntos máis e mellor

Sorry, flash is not available.

Entrevista a Rubén Riós

Sorry, flash is not available.

Mensaxes do alumnado

Sorry, flash is not available.

5 de xuño, día mundial do medio ambiente

No día do medio ambiente, 5 de xuño,  queremos contribuír a construír un mundo mellor. Ás nosas mans chegou este emotivo vídeo que nos invita a pensar na posibilidade de facer un consumo que sexa máis respetuoso co planeta TERRA.Podedes seguir ampliando a información no apartado Actividades. Medio ambiente.

Un dia de cine con Rubén Riós

Sorry, flash is not available.

Xornada de cine con Rubén Riós, actor e director galego da curtametraxe “Vida” e do documental “Máis ca vida”. Este proxecto audiovisual está integrado no curso “Aulas I + I: Inclusivas e igualitarias“ ,convocado pola Consellería de Política Social e que se está a desenvolver durante este curso no centro.

Imaxe gañadora do concurso " Fotografía matemática" e Participantes Rebumbio Matemático.

 Autor: Pablo Mirás Sánchez

Curso: Cuarto

Título da fotografía: ¿Paralelas?

Explicación:  As vías do tren son rectas paralelas, pero na fotografía parece que se xuntan. E o efecto da perspectiva. 

Lugar da fotografía: Vías do tren en Guillarei

Participantes no 17º Rebumbio Matemático ( Iago, Raquel e Miguel), convocado por AGAPEMA.

 

Un dia de cine

A produtora cinematográfica Claqueta Coqueta, a través dun dos seus representantes, o director e actor galego Rubén Riós, vén visitarnos o martes, 16 de maio, ás 10.00 h para presentarnos a curtametraxe “Vida” e o documental “Máis ca vida”.

Trátase dun proxecto audiovisual que está integrado no curso “Aulas I + I: Inclusivas e igualitarias“ ,convocado pola Consellería de Política Social e que se está a desenvolver durante este curso no centro.

Con estas proxeccións, a través de testigos reais e desde distintas perspectivas, téntase mostrar e dar a coñecer a realidade das persoas con distintas capacidades.

Dada a importancia desta actividade, invitamos a todas as familias a asistir a estas proxeccións e na que terán a oportunidade de dialogar co director Rubén Riós e cos protagonistas do traballo.

 

Video do CEIP Rebordáns en Facebook de África Sawabona

Sorry, flash is not available.

Campaña recollida de material sanitario

A representante da ONG África Sawabona, Dna Nieves Márquez Abralde, recolle o material sanitario entregado por unha representante da comunidade educativa do CEIP Rebordáns.

Moitas grazas pola colaboración!

 

Os maios do CEIP Rebordáns

Distribuir contido