try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Centro Abalar

Medio ambiente

Ecopícnic!

Ecoconto de Sogama “Caderno Verde”. Leva por título “Ecopícnic” e, a través do mesmo, a Familia Trebón ensínanos a disfrutar dun picnic ecolóxico na Fraga de Verdevila: sen pratos nin vasos nin cubertos de plástico, sen papel de aluminio, con tuppers de vidro e levando a comida da casa (nada de cociñar na fraga) e, por suposto, respectando o ecosistema, a biodiversidade e o benestar dos animais.

Fonte: Sogama

 

 

 

Pon un recopilador de pilas na túa vida e axuda a coidar o planeta

As pilas poden supoñer un grave problema medioambiental se non se xestionan correctamente e conforme á normativa vixente. A Fundación Medioambiental Ecopilas recolle diariamente unhas 320.000 pilas usadas en España a fin de darlles un tratamento axeitado e recuperar os recursos de valor contidos nas mesmas, que se traducen en 1,5 toneladas de ferro e 2 de zinc ao día.

En xuño de 2018, a Fundación puxo en marcha a campaña “Adopta un recopilador” coa finalidade de concienciar á cidadanía da importancia de depositar estes residuos no recipiente correspondente. Con tal fin, xa repartiu uns 12.400 recipientes domésticos.Os interesados non teñen máis que solicitalo a través da súa páxina web www.ecopilas.es

Tamén se poden depositar  no punto de recollida do colexio, en establecementos comerciais, grandes superficies, empresas e edificios público

Fonte: Sogama

Atopan unha balea morta con 40 kilos de plástico no estómago

Unha balea foi atopada morta nas costas de Filipinas. Segundo a autopsia, a balea tiña uns 40 kilos de bolsas plásticas no seu estómago. Un biólogo mariño da zona asegura que a maoría das baleas e golfiños examinados nos últimos anos morreron por inxestión de desfeitos plásticos.

21 de marzo, Día Internacional dos Bosques

 

Cada 21 de marzo, as Nacións Unidas rinden homenaxe á importancia de todos os tipos de bosques.

Este ano, o Día Internacional dos Bosques destaca a educación como un medio indispensable para aprender a amar o bosque, e apunta a súa importancia para lograr unha xestión sostible das zonas forestais e avanzar na conservación da biodiversidade. Os bosques sans axudan a crear comunidades fortes e aumentan a prosperidade das súas economías.

O cambio climático é cousa de todos

O venres 15, se celebraron en moitos lugares de Galicia e no resto de España actos e concentracións en apoio o " Fridays for Future", para pedir con urxencia medidas que impidan o cambio climático.

Podes ampliar a información na publicación do 16 de marzo por Faro de Vigo.

As árbores que prantamos no colexio

  

Bidueiro

 c

Cerquiño

Erbedo

Liquidambar

 O día de ROSALÍA DE CASTRO, plantamos no patio do colexio, catro árbores de distintas especies que foron doadas por axentes forestais do Baixo Miño da Xunta de Galicia.

Educación para un futuro sostible

Ficha didáctica da plataforma educativa de Sogama “Caderno Verde”.  Céntrase no concepto de enerxía, as súas formas e o uso eficiente da mesma, abordando igualmente a xestión dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos.

Enmárcase na asignatura “Coñecemento do Medio” e oriéntase ao alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria.

O coidado dos bosques

O pasado cinco de Febreiro, viñeron ao colexio de Rebordáns uns gardabosques. Explicáronos moitas cousas, o primeiro falou sobre a biodiversidade (Que é a capacidade que ten a natureza de manterse ela soa.

O segundo, falou sobre os beneficios do bosque. O tema principal era a prevención de incendios, xa que o ano pasado sufrimos uns cantos. Tamén tocaron o tema da contaminación e das aportacións que podemos facer en favor da prevención e coidado dos bosques. Resultou moi interesante.

Alex, Lois e Pablo de 6º EP.

 

 

Que son os microplásticos e como nos afectan?

Con este video podemos saber un pouco máis dos microplásticos e das graves consecuencias para os ecosistemas mariños. Tamén podemos aprender a ter un uso responsable para a nosa saúde e para o medioambiente.

 

Decimales e consumo responsable

Ficha da plataforma educativa de Sogama, na que combina matemáticas e lingua castelá. Está orientada ao alumnado de terceiro ciclo de primaria e céntrase na aprendizaxe dos decimais a través do consumo responsable, a recollida selectiva de lixo e a compostaxe doméstica.

 

 

 

Distribuir contido