try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Un dia de cine

A produtora cinematográfica Claqueta Coqueta, a través dun dos seus representantes, o director e actor galego Rubén Riós, vén visitarnos o martes, 16 de maio, ás 10.00 h para presentarnos a curtametraxe “Vida” e o documental “Máis ca vida”.

Trátase dun proxecto audiovisual que está integrado no curso “Aulas I + I: Inclusivas e igualitarias“ ,convocado pola Consellería de Política Social e que se está a desenvolver durante este curso no centro.

Con estas proxeccións, a través de testigos reais e desde distintas perspectivas, téntase mostrar e dar a coñecer a realidade das persoas con distintas capacidades.

Dada a importancia desta actividade, invitamos a todas as familias a asistir a estas proxeccións e na que terán a oportunidade de dialogar co director Rubén Riós e cos protagonistas do traballo.

 

Video do CEIP Rebordáns en Facebook de África Sawabona

Sorry, flash is not available.

Campaña recollida de material sanitario

A representante da ONG África Sawabona, Dna Nieves Márquez Abralde, recolle o material sanitario entregado por unha representante da comunidade educativa do CEIP Rebordáns.

Moitas grazas pola colaboración!

 

Os maios do CEIP Rebordáns

Unha aventura espacial no CEIP Rebordáns

Sorry, flash is not available.

Obradorio de matemáticas impartido polos profesores Estela Sánchez Rodríguez e Miguel A. Mirás Calvo, dos departamentos de Matemáticas e Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo.

 

Día Internacional da Muller

O día 8 de marzo se celebra o Día Internacional da Muller Traballadora.

 

 

Recursos para traballar a coeducación

 

24 de febreiro, dia de Rosalia

  

     24 de febreiro, Dia de Rosalía                Este venres, a poeta galega cumpliría 180 anos do seu nacemento en Padrón.

O Entroido en Galicia

Ao longo desta semana realizamos obradoiros para coñecer os Boteiros de Viana do Bolo.

 

Entroidobot en Rebordáns

Despois dun traballo de investigación na Biblioteca e na clase descubrimos o entroido de Galicia xogando co noso Escorni.

 

Sorry, flash is not available.

18 de febreiro, Dia Internacional do Síndrome de Asperger

Hugo, un amigo con Asperger, é un video elaborado polo equipo INASMED (Dra. Amanda Céspedes, Gloria Silva e Lilian Cohen) e difundido polo equipo Calpe & Abyla (www.calpeyabyla.com)

Distribuir contido