try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Lecturas recomendadas para o verán

I Concurso de debuxo infantil " O ciclo da auga, unha aventura para valentes "

Gañadores e finalistas do I Concurso de debuxo infantil “ O ciclo da auga, unha aventura para valentes” organizado polo Consorcio de Augas do Louro.

Por cada Concello participante, O Porriño, Salceda de Caselas, Tui e Mos, hai un gañador (catro en total) e dous finalistas (oito en total). Cada un dos gañadores obtén de premio unha tablet Samsung 7’’ e cada un dos finalistas, unha cámara dixital acuática.

Polo Concello de Tui o gañador é AARÓN ALONSO FREIRE e unha das finalistas DAFNE GONZÁLEZ MARTINEZ, ámbolos dous do CEIP Rebordáns. 

Podedes ampliar a información cliclando na páxina:

http://consorciodolouro.com/gl/noticias/ganadores-e-finalistas-do-i-concurso-de-debuxo-infantil-o-ciclo-da-auga-unha-aventura-para

       Gañador polo Concello de Tui AARÓN ALONSO FREIRE                                Finalistas DAFNE GONZÁLEZ MARTINEZ

Maqueta para a exposición de Voz Natura

Esta maqueta representa o entorno escolar con animais realizados con papiroflexia.

Semana das Letras Galegas

Sorry, flash is not available.

Escornabots na biblioteca escolar

 

Estamos moi satisfeitos de que o CEIP Rebordáns, fose un dos 20 centros galegos seleccionados para o proxecto piloto

" Escornabots na biblioteca escolar".

Os escornabots son uns robots pequeniños que poden programarse cos botóns para executar secuencias de movementos e que permite xogar, interactuar e aprender.

Na imaxe presentamos o primeiro escornabots montado na xornada de presentación celebrada en Santiago de Compostela, o 13 de maio. A partires de agora comezará a formación do profesorado e o desenvolvemento do proxecto no propio centro escolar.

 

17 de maio DIA DAS LETRAS GALEGAS con MANUEL MARÍA

Poesía Manuel María on PhotoPeach

Os maios 2016

Concurso fotografía matemática

Semana das matemáticas

Distribuir contido