Skip to Content

VISITA ANTES DE NADAL!

Antes do merecido descanso das vacacións de Nadal recibimos unha visita moi agardada por todos e todas. Deixamos un vídeo no que podedes descubrir de quen se trata! Quedamos desexosos de que volva para o próximo ano!

VISITA DOS USUARIOS DO CENTRO DE DÍA

O  pasado xoves, 16 de decembro, o alumnado e as mestras de quinto recibimos a visita dos usuarios do Centro de Día de Curtis, cos cales mantiveramos unha conversa telemática un mes antes.

Intercambiamos conversas, cancións, bailes, panxoliñas...e tamén agasallos. Os nenos realizaron unhas postais personalizadas para cada usuario e eles elaboraron uns xabóns  para os neno.

Foi un encontro agradable, emotivo e especial. Agardamos vernos de novo!

  

LECTURAS DE NADAL 2021

Xa chegou o Nadal!

 

Excursión 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

Os alumnos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, asistimos ao Museo Provincial de Lugo e ao Codex Cinema, o pasado 25 de novembro.

 

 

XA SOMOS BIBLIOTECA CREATIVA!

Xa somos biblioteca creativa!
A nosa biblioteca é un dos 25 novos centros que participan no programa BIBLIOTECA CREATIVA, que apoia a cultura da experimentación, a creación e a investigación en espazos creativos e cooperativos vinculados coa biblioteca ofertando aos nosos alumnos novas oportunidades de multialfabetización. 

Distribución de máscaras para o alumnado

 

Este venres, 12 de novembro, saíu publicada no DOG  a Orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras nos colexios. No ficheiro adxunto poden consultala.

Serán beneficiarias aquelas familias que recibiron a axuda para adquirir material escolar e NON terán que presentar a solicitude.

Poderán presentar a solicitude aquelas familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros, ou suxeitos a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou que teña una discapacidade igual ou superior ao 65%; que non solicitaran por diferentes circunstancias a axuda para a adquisición de material escolar.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 26 de novembro e deberán entregarse no centro educativo. Poden atopar a solicitude no anexo da orde ou no centro educativo.

O SAMAÍN NO CEIP DE CURTIS

Entrado o mes de novembro, deixamos atrás o Samaín e a súa celebración. Este ano propuxémoslle ao alumnado que decorase cabazas unindo a temática do Samaín co proxecto do centro "Namor-ARTE". 

O noso alumnado e as súas familias traballaron duro e conseguiron facer verdadeiras obras de arte, tal e como se pode comprobar no seguinte vídeo. 

Despois de velas expostas, mesmo lle poderiamos chamar "Cabaz-ARTE" para ir en consonancia co noso proxecto. Verdade que é un nome ben artístico? Ocórreseche algún outro máis acaído?

Agardamos que vos gusten as creacións do noso alumnado!

Para os e as que queirades saber máis sobre a celebración do Samaín en Galicia podedes picar aquí ou aquí

 

Arte Pop

Con motivo do Magosto descubrimos a Arte Pop, tamén coñecida polo seu nome en inglés Pop Art. Este movemento artístico, do século XX, caracterizouse por empregar imaxes de obxectos da cultura popular. Na seguinte imaxe podedes ver como quedou a nosa castaña.

 

 

Eleccións Consello Escolar

Poderán encontrar toda a información relacionada coa RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, nesta páxina web no apartado centro, Consello Escolar.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut