Skip to Content

HORARIOS ESPELLO EN CASO DE PECHES DAS AULAS A PARTIR DE 3º DE PRIMARIA

 

 

 

 

 O pasado 2 de novembro de 2020 publicouse a seguinte lexislación referida a como levar a cabo o ensino non presencial dende 3º de Educación Primaria,no caso do peche dunha aula completa ou de todo o centro.

- Plan de ensino virtual

 

 

- Plan de Contixencia ante peches

 

- Resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional sobre horarios e Ensino Virtual ante o Covid-19

Aínda que na Resolución soamente se fai referencia aos niveis de 3º a 6º de Educación Primaria,incluiremos tamén a 1º e 2º ,así como Educación Infantil,ambas con horarios máis flexibles que os esixidos para os niveis de 3º a 6º de Educación Primaria.

Nos horarios de 3º a 6º de Educación Primaria,imos diferenciar claramente as dúas situación descritas,peche dunha única aula ou peche total do centro,xa que o xeito de abordar as rutinas do alumnado serían diferentes.

Como idea xeral,no peche dunha única aula,respectaríanse os horarios establecidos ao inicio do curso,xa que resultaría imposible introducir cambios no horario de profesorado especialista que seguiriía a impartir clase no centro ao resto de grupos.

No caso de peche total,buscaríase unha rutina diaria que ,respectando a porcentaxe de 60% de docencia directa,resultase máis axeitada para o alumnado e  o profesorado.

A continuación,definimos ,por etapas,os horarios espello.

       

                         EDUCACIÓN INFANTIL

Nesta etapa,a estructura que presentamos a continuación sería empregada tanto no peche dunha aula como en caso de confinamento total.

O profesorado de Educación Infantil comunicarase coas familias a través do correo electrónico enviando así actividades,tarefas,vídeos,imaxes...

Ademáis para manter o contacto coa aula e reforzar o sentimento de pertenza ao grupo,relizaránse videochamadas cada 15 días.Asi mesmo poderanse realizar outras que sexan necesarias nalgún momento,como poden ser as propias titorías.

 

 

                                        1º e 2º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Actuacións comúns en caso de peche dunha aula:

   - Apertura da Sala de Mensaxería en Abalar móbil para comunicarse coas familias.

   - Emprego da Aula Virtual como espazo para a exposición de contidos,proposta de actividades,envío de tarefas,vídeos explicativos gravados polo titor ou titora...

   - Emprego das Plataformas de videoconferencia (Webex ou Falemos) para ter contaco directo co alumnado.Os acceso ás diferentes salas enviaríanse por correo electrónico ás familias ou estarían colgados no propio curso da Aula Virtual.

   - Os mércores de 9:30 a 10:30 será a videoconferencia de cada curso co seu titor/a.

 

HORARIOS ESPELLO

Fai click no enlace para poder veo todos os horarios.

 

 

 

 

 

 

 

 

MENÚ OUTUBRO 2020

Fai click na imaxe para velo en Grande

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020/2021 E ANEXOS

ANEXOS

1. Plan de Continxencia

2.Relación de situacións de posible contaxio e medidas de tratamento.

3. Recollida de alumnado

4.Rexistro de Ventilación

5.Plano rotación patios INFANTIL

 

6.Plantos rotación patios PRIMARIA

HORARIO DE ENTRADAS E SAÍDAS PARA O CURSO 2020/2021

INICIO DO CURSO 2020/2021.

                                      NOTA INFORMATIVA

 

INICIO DAS CLASES:

_DÍA 10 DE SETEMBRO: -3 anos e 4 anos de Educación Infantil

                                           -1º.2º e 3º de Educación Primaria

 

_DÍA 11 DE SETEMBRO: Todo o alumando do centro  

 

Lémbrase aos usuarios de comedor que durante o mes de setembro so farán uso do mesmo o alumnado que xa era comensal no mes de xuño. Este curso por mor do COVID19 o horario de comedor é diferente para os usuarios da vila (ver horario).

 

O alumnado transportado con autorización excepcional non poderá facer uso do transporte ata que reciban aviso da dirección; polo tanto durante o mes de setembro comerán e sairán as 14:05 si son de EI ou ás 14:15 se son de EP.

 

 

En Xinzo de Limia a 7 de setembro de 2020

 

 

O EQUIPO DIRECTIVO

RECURSOS SOBRE COVID-19 PARA FAMILIAS

O Obxectivos desta páxina é ofrecer recursos para os pais,coidadores e nenos/as sobre o Covid-19 e a importancia de adoptar medidas efectivas para protexerse e sobrelevar esta cuarentena.Os materiais foron elaborados pola OMS,socios da OPS así coma outros colaboradores e autores.

PROGRAMA DE ACOLLIDA CEIP CARLOS CASARES 2020/2021

ADXUDICACIÓN LIBROS DE TEXTO 2020/2021

Para saber os libros que lle foron concedidos para o próximo curso 2020/2021,terán que mirar na listaxe do curso correspondente buscando polos catro díxitos centrais do DNI da persoa que solicitou.

Terán que mercar os libros que non aparecen na listaxe de adxudicación e os cuadernillos agás os libros de Relixión Católica que xa están no centro.

Os libros adxudicados serán entregados os/as alumnos/as polos titores o primeiro día de clase.

DATAS PARA RECOLLIDA DE VALES DE LIBROS E MATERIAL

EDUCACIÓN RESPONSABLE

 

 

" Dende o programa de educación responsable deixámosvos unhas CLAVES ER para poder contribuir a fomentar o desenvolvemento social, emocional e a creatividade tan necesario nestes momentos, actividades que podedes facer en familia. Animo e esperamos que pasedes un BO VERÁN"

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut