Skip to Content

CAMIÑANDO EN IGUALDADE

CAMIÑANDO EN IGUALDADE

Vídeo con Femuro para o 25N

Os nenos/as de 5º de Infantil fixeron,en colaboración con FEMURO,un homenaxe ás mulleres máis importantes das súas vidas.

Programa de Acollemento Familiar.

Dende a Asociación Galega de Familias de Acollida, "ACOUGO", proponse un programa de ACOLLEMENTO FAMILIAR ás familias interesadas.Aquí vos deixamos un documento onde atoparedes a información necesaria para acorllervos a dito programa.

 

 

Fai click na imaxe para poder ver o documento.

SAMAÍN/HALLOWEEN 2021

MENÚ NOVEMBRO 2021

FOLIADA FEMINISTA 2.0.SEMENTANDO IGUALDADE NO CARLOS CASARES.

 

Vídeo da ANPA CEIP Carlos Casares coa axuda da Secretaría Xeral da Igualdade ( Consellería de emprego e igualdade da Xunta de Galicia) a través dos fondos do pacto do estado contra a violencia de xénero e do Ministerio de Igualdade.

Agradecemos ao coordinador Artur Puga a súa didicación e paciencia,ás músicas Daniela Sampayo,Paula Gómez así como a Artur Puga e Xan Puga por transmitir con tanta paixón a mensaxe e a Álvaro Carballo pola edición do vídeo e son por facelo tan bonito.

Agradecemento ao CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia en especial ás aulas de 4º,5º e 6º de Primaria( 2020/21) e a aos seus mestres e mestras pola súa colaboración.

Agradecemento especial ao bo facer da música en directo:Iván,Manuel,Lucía e Cayetano.

MENÚ OUTUBRO 2021

 

FAI CLICK NA IMAXE PARA VER O PDF

EDUCACIÓN VIARIA NO CEIP CARLOS CASARES

O alumnado de 3º e 4º de educación primaria disfrutou dunha xornada e experiencia fantástica con cadansúa bicicleta grazas a Protección Civil, a Policía Local, a Garda Civil e ás Autoridades competentes da DGT.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ECOAGRICULTORES DO CASARES

Esta semana o alumnado de 4 anos de E.I. recolleu a súa primeira colleita de patacas,pementos e cebolas do horto do centro.Unha colleita non moi grande pero si enriquecedora que levaron a súa casa para degustar en familia.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut