Educación físicaCAMPO A TRAVÉS _PDCO 5 de decembro o alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria participou na competición zonal de campo a través, celebrada na praia fluvial de Liñares. Esta actividade forma parte do PDC (Proxecto Deportivo do noso Centro) e está dentro do Plan Proxecta - XOGADE.
A maioría do alumnado participou correndo pero algunhas alumnas e alumnos fixeron de reportaxes (entrevistas, fotografías, vídeos), xa que arredor do deporte existen diferentes figuras: deportistas, entrenadoras, fisioterapeutas, reporteiras deportivas,...
( categories: )
SAMAÍN-MAGOSTO _ PLAN PROXECTAO 30 de novembro celebramos o magosto e o Samaín a nivel de centro. Na planificación das actividades tivemos en conta que participamos no PLAN PROXECTA con XOGADE e Móvete +. Comezamos a xornada escolar con diferentes talleres entre eles un de baile e despois do recreo realizamos xogos.
Foi unha xornada diferente coa que aprendemos con actividades lúdicas e centradas nos intereses do alumnado.
Nota: No blog da biblioteca pódense ver fotos dos diferentes talleres http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcabadavazquez/node/682
( categories: )
Danza Urbana _ Móvete + _ PDC_ ProxectaÉ importante darlle ferramentas ao alumnado para crear hábitos de vida saudables, por iso, dende o CEIP Cabada Vázquez apostamos por un Proxecto Deportivo de Centro (PDC) que integre deportes (XOGADE) e baile (Móvete +). Por outra parte, buscamos que o alumnado poida continuar coas actividades físico-deportivas, máis aló da escola, de aí que traiamos ao colexio actividades que se ofertan dende a súa localidade. Neste caso contamos coa visita da Sofía Mosteiro e Elia do Ximnasio Absolute da Estrada, coas que aprendemos unha danza urbana. Poden ver algunhas imaxes no enlace.
Moitas gracias Sofía e Elia. Foi moi divertido.
( categories: )
DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR #Be active#Somos activos#Galicia saudable@educacondeporte, #ESSD2019, @EuSport, @ISCA_tweet, @mdsz_hssf _ PLAN PROXECTAHoxe celebramos o Día Europeo do Deporte Escolar, realizando as seguintes actividades:
Foi unha xornada diferente, con moito deporte e diversión.
PRIMEIRO DÍA DE CLASE_ Be active- Somos activos-Galicia saudable_ PLAN PROXECTA1º DÍA DE CLASE.
Comezamos o curso con enerxía, realiando varias activiades físico-deportivas:
Este é o noso punto de partida para o noso Plan PROXECTA no que participamos a través do XOGADE e o Móvete +
ATLETISMO EN PISTA PONTEVEDRA_ XOGADE
O 28 de maio rematamos as actividades do XOGADE participando no campionato de atletismo en pista provincial celebrado no centro Galego de Tecnificación Deportiva, en Pontevedra.
( categories: )
|